Mazaricos acollerá a III Gala do Fútbol da Costa-QPC


Xa temos en marcha a III Gala do Fútbol da Costa - QPC. Si, a Gala que organiza o diario dixital Quepasanacosta, ese que está todo o ano achegando a actualidade das ligas costeiras, e que entrega os premios máis xustos posibles.
Será a noite do venres 24 de xuño, cando a Casa da Cultura da Picota acolla esta Gala de Premios do Fútbol costeiro. O auditorio encherase seguro para ver aos mellores do curso deportivo, para despois tomar uns petiscos e aproveitar e disfrutar dun día de festas na vila mazaricá.
Xa contamos coa colaboración inestimable do Concello de Mazaricos, e coa xente de Eu Son Mazaricos para armar unha Gala algo distinta. Ademais, teremos unha actuación espectacular que seguro que arrincará as risas de todos os presentes.
Votación popular e a máis xusta posible
En breve comezará a votación de 3 membros de cada club, xornalistas e xentes afíns ao noso fútbol. Esas votacións de máis de 125 persoas serán as que decidan os mellores do curso: Mellor Adestrador, Mellor Xogador, Mellor Equipo, Mellor Directiva, Mellor Afección, Mellor Equipo Base, o 11 Ideal… todos serán decididos en votación popular, para que non haia protestas.
Ademais, xa coñecedes os Pichichis e os Zamoras (incluído o Premio Álex Pombo), e teremos moitas sorpresas máis que iremos desgranando.
Un exemplo
Así foi a do ano pasado en Cee, non perdades a deste curso:
Novas relacionadas
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
Novas relacionadas
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa entre o Combinado e o Coruxo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).