Mercado de fichaxes (I): Preferente e 1ª Galicia
10:00 10/07/18
Iago Garrido, medio de calidade para o Xallas. FOTO DAVID CASTRO
Xa estamos nesa época tan bonita e movida do verán na que se confeccionan as plantillas de cara ó ano que ven. O movemento nos despachos, as reunións en campos de fútbol, bares e lugares diversos salpican a nosa xeografía futbolística. Dende QPC estaremos ó tanto deses movementos, e hoxe vamos a informarvos de como está o mercado de traspasos nas categorías de Preferente Norte e 1ª Galicia.
Os dous representantes costeiros en Preferente, Sofán e Xallas, optan pola continuidade dos seus planteis, que tan bos resultados lles deron o ano pasado e que os levou a disputar a recordada e emocionante final de Copa da Costa. Ambos renovaron ós seus adestradores, Néstor e Iván Cancela, e a gran parte do seu plantel. En canto a xogadores, o Xallas anunciou a fichaxe dos medios Iago Garrido do Bergantiños, e Eloy Arantón do Paiosaco, xóvenes promesas ambos, senior de segundo ano. A SD Sofán pola súa parte viu como Juan de Dora marchaba cara a Terceira división, ó Racing Villalbés, e o gardameta David Pena para o Olímpico de Rutis. Coa baixa anunciada de Sito, os de Cancela incorporaron a Iván Parafita, medio do San Lorenzo, e Jesús, gardameta do Cerceda xuvenil.
En 1ª Galicia está a haber moito movemento, principalmente producido polo trasvase de xogadores de Dumbría a Fisterra. O Soneira, que renovou a Pedro Gomez, terá a baixa do meta Anxo, que será suplida polo ex do San Lorenzo Javi Souto. Do mesmo equipo chega o medio Alex Taibo. En Fisterra están a armar un equipazo. Baixo o mando de Angel Canosa no banquillo, chegan a Ara Solis Iván Bouzón, Aarón, Mackay e Julito do Dumbría e Coté do Corcubión. Tiveron a baixa do meta Paulo.
Iván Parafita xogará na SD Sofán esta tempada
O Baio pola súa parte ten novo inquilino no banco, Pablo Torreiro, ex adestrador do San Tirso, e incorporou ó defensa Alex Varela do Tordoia, ó lateral Damián do San TIrso, e volven Javi Suarez e Pablo. Causaron baixa Adrián Lema, Pablo Novo e Adrián Vázquez. En Esteiro tamén hai novo adestrador, Geno, que estaba en Sofán de axudante de Iván Cancela. A única novidade é a fichaxe de Raúl Lestón procedente do Dumbría. E no Conco volve a recalar Julián como adestrador, e moitas caras novas e xóvenes: Marcos Mouro (Bergantiños), Darío Capelo (Negreira), Alberto (Bergantiños), Charly (Cee) e os xuvenís Pablo Paz, Jorge, Eloy, Borja e Xavi. Savia nova para o Dumbría.
Darío Capelo volta a Dumbría