Muros e Cabana ultiman as súas Carreiras

Os atletas da bisbarra teñen xa dúas citas para ir preparando. Este domingo chega a VI Carreira Solidaria da piscina municipal de Muros, e o vindeiro día 23, toca ir correr por Bergantiños, á IV Carreira Popular de Dombate.
Manuel Dosil e Pablo Monteagudo, favoritos en Muros


Xa hai 400 inscritos para a VI Carreira Solidaria da piscina municipal de Muros que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de setembro. A inscrición segue aberta ata o estemércores 6 de setembro e pódese facer a través da plataforma de EME Sports e incluso para a andaina tamén se pode facer de xeito presencial nas oficinas da piscina municipal de Muros.
No plano deportivo, a proba é completa, pois hai citas para a canteira (categorías chupete, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil), andaina e 2 saídas absolutas en función da distancia, 8 e 5,5 quilómetros. Entre os destacados da categoría raíña (8 quilómetros), cómpre destacar a participación do local Manuel Dosil, gañador nas 2 últimas edicións e que intentará baixar a mellor marca do circuíto 27:06 minutos que el mesmo posúe. E por outro lado a do júnior Pablo Monteagudo (Club Atletismo Noia) que ademais de ser o padriño nesta edición vén de acabar na sétima posición do campionato júnior de España de 5000 quilómetros en pista.
Precisamente o Concello muradán vai recoñecer a participación de Monteagudo como fixo noutros anos con Ezequiel Mosquera, Andrés Díaz, Esther Pedrosa ou Manuel Dosil Lago os encargados de apadriñar a carreira.
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. E o carácter solidario do evento xa que parte da recadación será doada a unha ONG.

Carreira de Dombate
A seguinte proba será o domingo 23 en Cabana de Bergantiños. A IV Carreira Popular de Dombate será menos competitivo e tamén terá varias categorías, dende os Pitufos ata os 10k absolutos. A primeira saída será dos 3k absoluto, ás 17:00h da tarde, e a proba raíña, despois dos peques, ás 18:45.
Xa hai máis de 60 inscritos. Poden inscribirse en championchipnorte.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).