Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Muxía acolle un espectacular Torneo de Xadrez

Muxía acolle un espectacular Torneo de Xadrez
Torneo de Xadrez de Muxia

Este sábado 27 de abril de 2012, terá lugar no Concello de Muxía, o "2º Torneo de Xadrez Concello de Muxía coa Igualdade", valedoiro para o VII Circuito de Xadrez Promoción 2012. Nesta festa deportiva, que se prolongou o longo de toda a xornada, participaron un total de 127 deportistas distribuídos nas categorías de sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e absoluta (maiores de 15 anos).

Nesta ocasión, a intención da organización, é superar este número de participantes mantendo a filosofía coa que naceu este tórneo na Vila da Barca. A promoción do xadrez na bisbarra segue a ser o noso principal obxectivo, xunto co fomento da participación feminina, pois consideramos o xadrez, polas súas vantaxes psíquico físicas e sociais, un medio ideal para conseguir esta mellora na participación paritaria.

Ruta e encaixe

Trátase dunha visita numerosa así que a vila trata de engalanarse para acollela. A pesar de que a resposta do empresariado non foi a máis axeitada (a falta de miras é lamentable), a organización, da man de Santi Dominguez, preparou unha ruta guiada polos lugares de interese da Vila, como o o museo e a praza do voluntariado en honor aos voluntarios da catástrofe do petroleiro Prestige, os secadoiros de congro, o Santuario da Nosa Señora Da Barca, os restos da barca de pedra na que a virxe se acercou a Muxía, a Pedra de Abalar e a pedra máxica dos Cadrís que cura o mal das costas, a Fundación e a casa do poeta muxián D. Gonzalo López Abente, ademais de puntos de interese paisaxístico e cultural do pobo.

Durante o desenvolvemento da competición poderase apreciar a artesanía muxiana nos distintos postos de información que se disporán para goce dos asistentes.

Grandes xogadores

C ómpre destacar a presenza do Gran Mestre de Xadrez Iván Salgado, actual Campión iberoamericano de xadrez e Campión universitario, e o tamén Gran Mestre de xadrez David Lariño, que participarán na presentación do torneo xunto coas responsables do Centro de Información a Muller do Concello e o Señor Alcalde de Concello de Muxía Don Félix Porto Serantes.

Haberá trofeos artesanais para os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Todas as actividades que conforman a xornada serán de carácter totalmente gratuito.

Máis información

Comentarios