Nemiña terá o seu SurfCamp “made in Costa da Morte”


En breve, a canteira do máis granado do surf galego terá un lugar para concentrarse en Nemiña, Muxía. A praia fetiche dos surfistas do sur da Costa da Morte acollerá a partir do vindeiro verán un campamento de surf, seguindo o ritmo carballés de praias como Razo, que xa conta con dous lugares adicados a este deporte en auxe.
É o surfeiro multidisciplinar Rubén Prieto, natural da Pereiriña, Cee, o que dá un paso adiante ca súa marca Surf Costa da Morte, e xa con numerosas negociacións e trámites “burrocráticos” avanzados, anunciaba estes días a creación do novo surfcamp muxián.
Unha marca que xa leva moitos anos realizando campamentos en verán, semana santa e demais, achegando á Costa ducias de rapaces e mozos que queren aprender a surfear e disfrutar dun entorno inmellorable.
Moito tempo levabamos esperando esta nova, unha iniciativa que creará novos e bos postos de traballo (disque se paga moi ben aos formadores en SurfCostadaMorte) e fará marca.

Novas surfeiras
- A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte.
- As ondas de Nemiña non te esquecen.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 15-12-14: Surfeando o temporal.
- 05-11-14: Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).