O Anorthosis deixa escapar ao Dubratambre
Mala xornada para os equipos de tenis de mesa da Costa da Morte en categoría da 2 División. I é que os Anorthosis e Angepón colleitaron resultados adversos que os alonxan lieiramente dos seus obxectivos.
Esperada era a derrota do Concello de Zas Angepon ante o potente Dubratambre 2, líder da competición, e deixa aos soneiráns 9 con 10 puntos, nunha situación comprometida para salvar o descenso.
Pero a peor nova chegaba coa derrota do Anorthosis ante o Lalín "B", e permite así aos do Deza empatar a 20 puntos na táboa, e distancia aos costeiros a 8 puntos da cabeza e a 2º do 2º clasificado, o Liceo Sénior.
Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. 14ª xornada
- CTM Lalín "B" - Anorthosis Vimianzo (4-3) (13-11)
- Concello de Zas Angepon - Dubratambre "2" (2-5) (8-15).
Dolorosa derrota do Anorthosis en Lalín, cun resultado apretado 4-3 e 13-11 nos sets expresa a igualdade entre os dous equipos. Os partidos individuais resolvéronse con claridade, Miguel (2) e Moncho Varela (1) gañaron os partidos de Anorthosis. A clave do encontro estivo no partido de dobles 3-2 para os de Lalín e donde O doble de Anorthosis si tivo oportunidade de decantalo ao seu favor.
Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 12
- Concello de Zas P. Tívoli - Oroso Valoriza (4-3) (12-10)
- Concello de Zas O Pinar - Escola Oroso TM (7-0) (21-1).
En 3ª, bo resultado para concello de Zas P Tívoli superando a Oroso Valoriza e colocándose na zona media alta da táboa clasificatoria.
Por outra banda o Concello de Zas o Pinar superou claramente ao último clasificado.
Vindeira cita
- 2ª División Galega grupo centro.:
- S.D. Hípica - Concello de Zas Angepon: Sábado 18 de febreiro as 17:00 en A Coruña;
- Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo: Domingo 19 de febreiro as 11'00 h en Oleiros. - 3ª División Galega grupo noroeste: Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas P. Tívoli: Sábado as 17'00 h en Canide, Oleiros.
* O Concello de Zas O Pinar xa xogou o seu encontro contra Oroso Valoriza.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas de tenis de mesa
- O Anorthosis cae pero mira ao ascenso.
- Anorthonis e Angepón miden as súas forzas para abrir a segunda volta.
- Boa xornada para pechar o ano para os equipos soneiráns de tenis de mesa.
- 2 vitorias e 2 derrotas para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose.
- A deportividade e as vitorias protagonizan a fin de semana do tenis de mesa costeiro.
- Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias.
- Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa.
- Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca.
- Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas.
- O pinpon espállase pola comarca de Soneira.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Outras novas
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- Martín Varela tamén gaña en Canadá e EEUU e segue camiño Londres 2012.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.