O atleta ceense Jorge Lariño en forma para o Campionato Galego


Esta pasada fin de semana tivo lugar en Vigo a 34º edición do Memorial Belarmino Alonso, a competición de Campo a Través máis antiga e máis importante de Galicia (sen contar o Campionato galego). Nela contouse ca participación de gran parte dos grandes atletas galegos do momento, con participación costeira.
A proba tamén contou ca participación do atleta ceense Jorge Lariño que realizou unha magnifica proba finalizando na 12ª posición cun bo tempo de 30 min e 17 seg, detrás de atletas da talla de José Antonio Ramallo 8º (29:32), Rafael Fuentes 9º (29:47), Daniel de la Torre 11º (30:12).
O atleta ceense do Club Atletismo Narón, patrocinado por Aurora Sport, mostrábase satisfeito co resultado da proba e co transcorrer da mesma: “este resultado mostra que estamos nun gran momento de forma e supón unha motivación extra para seguir traballando de cara os Galegos de Campo a Través, que son o obxectivo para a temporada de inverno”.
Iso si, a proba foi dominada de principio a fin polo fantástico trío do New Balance: 1º Alejandro Fernandez (27:51), 2º Lolo Penas (27:53), 3º Manuel Hurtado (28:13), atletas que veñen de completar unha gran temporada con grandísimos resultados nos campionatos de España; seguidos de preto por Hassan Lekhili (28:18) e Akka Essaadaoui (28:19).


Máis información
- Facebook de Olimpia Cee.
- O Olimpia estreou podio en Negreira.
- Cee xa corre con Olimpia.
- Un atleta ceense, 4º na 1ª española e 7 pequenos aos Campionatos Galegos.
- Os atletas da Costa aprobaron con boa nota o exame do Monte do Gozo.
- A Costa tamén corre.
- 13 medallas máis para os atletas do Manuela Rial.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).