Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Baíñas segue preparándose e o Baio estrea míster

O Baíñas segue preparándose e o Baio estrea míster

Continúa a pretempada dando partidos, e se a Liga de 1ª División xa está en marcha esta vindeira fin de semana saltarán os cadros de Preferente ao céspede. Pero repasamos algunhas das últimas novidades.

Primeiros partidos do Baíñas

E traemos unha das primeiras aliñacións do C.D. Baiñas, que por certo, xa anda armándoa polo Facebook. Os vimianceses xogaban o seu terceiro partido da pretempada, e da historia, ante o Cee. Os de Pato caeron por un apretado 0-1 ante o conxunto ceense, que segue na posta a punto, contando con varias voltas importantes, como a dun Dani Freire en forma.

Novo adestrador en Baio

Félix, novo adestrador do Baio

O C.B. Baio informou de que Antonio Bermúdez "Tono" deixou de adestrar a este club a semana pasada por discrepancias xurdidas coa xunta directiva, e de común acordo as dúas partes decidiron romper a súa relación que comezara xa hai catro temporadas. Esta xunta directiva agradécelle a Tono o labor realizado, e valora positivamente o seu traballo a prol deste club. De igual modo deséxalle sorte na súa carreira profesional.

Así, anuncian que o novo adestrador do CD BAIO para a temporada que agora comeza vai ser FÉLIX GARCÍA RAPOSO, "FÉLIX". Nacido en Muimenta (Lugo) en 1983, formouse como futbolista na canteira do RC Celta, onde estivo catro temporadas, posteriormente pasou por varios equipos da nosa comunidade, entre eles o Lugo e o At. Arteixo, en ambos militando na 2ª División B. Unha grave lesión fíxolle abandonar a práctica do fútbol, e aínda que retornou posteriormente a xogar no At. Arteixo, decidiu encamiñar o seu futuro no fútbol cara á parcela técnica. Co título de adestrador (nivel 2), formou parte do organigrama técnico das Escolas Luis Calvo e do Bergantiños Infantil de Liga Galega, entre outros.

Amistosos

Como o da SD Sofán ante o Club do Mar, que quedou empate a 0, coa destacable nova do redebut do ex dumbriés Eloy Cabeza.

De trofeos

Imaxe do Trofeo Manolito entre Malpica e Laracha - Foto- Wash Calvo

En Malpica tivo lugar esta fin de semana o II Trofeo Manolito, onde o cadro local caeu ante o potente aracha por 2-5. Neucha foi o doble goleador para os locais ante unhas ateigadas bancadas do Pedra Queimada.

Ademais, o Corme levou o Trofeo Tecelán da propia vila pontecesá, vencendo ao San Lorenzo por 3-0.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios