Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa

O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa

A 13ª xornada da 1ª División Estatal de Balonmán acollía o primeiro derbi conserveiro da historia da Costa da Morte. Un derbi o disputado en Carballo entre o Calvo Xiria e o Conservas Boya que servía a pechar ademais a primeira volta, e que deixou constancia da diferencia que hai aínda a día de hoxe entre ambos conxuntos.
Os dous puntos caeron do lado local, logo de conseguir un resultado favorable de 38 – 25, xa no descanso a balanza inclinábase a prol dos carballeses por un claro 19-11.

Remata así o Calvo 5º a primeira volta, a 2 puntos da 2ª praza, mentres que o Conservas queda ao borde da zona de descenso, 3º por abaixo con 6 puntos, 1 máis que o seu perseguidor o SAR.

Datos do encontro

  • CALVO XIRIA - BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA (38-25).
  • Calvo Xiria (19+19): Iago[p], Ramón (2), Alex García (2), David (3) Dubra (5), Jesús (1), Manuel (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Pablo (14, 3 de 7 metros), Sergio (4), Miguel (4), Ángel (1), Alex Zas (1).
  • Bm Camariñas Conservas Boya (11+14): Víctor [p], Borja (8, 2 de 7 metros), Moncho (1), José Ramón (2), Fari (1), Catalán (7, 2 de 7 metros), Xavi -equipo inicial- Cristian [p], Perón (2), Pombo, Damián (1), Felipe (2), Cristian Antelo, Alan (1).
  • Excluíron aos locais Ramón (13´), Alex Zas (24´ e 34´), Alex García (27´), Jesús (34´), Manuel (40´), Ángel (49´) e tamén aos xogadores visitantes José Ramón (18´ e 23´), Fari (27´), Perón (31´, 44´ e no 44´ cartón vermello), Catalán (42´), Alan (51´)
  • Marcador: 3-2, 7-3, 8-3, 12-6, 15-9, 19-11(descanso); 21-14, 26-17, 28-20, 31-20, 34-23, 38-25 (final).

Os primeiros cinco minutos foron de contacto entre os dous equipos, neses intres non se sabía quen ía marcar o ritmo do partido. Pouco a pouco o Calvo asentouse na pista e chegaban os primeiros contraataques, pero sen mandar no partido do xeito que máis lle conviña. Tal foi así que no minuto 23 solicitou o técnico local tempo morto, xa que logo de ter unha diferenza de sete goles (13-6) o Camariñas recuperou tres goles nun intre para deixar o marcador sinalando un 13-9 que abría o partido totalmente. A reacción do Xiria foi instantánea e con moita seriedade e traballo en todas as liñas foise ao descanso cunha vantaxe de nove goles (parcial de 6 – 2 en menos de 7 minutos). O partido semellaba encarrilado para os intereses carballeses.

A segunda metade foi un calco da primeira, quince minutos sen que ningún equipo tomase o mando do encontro: o Calvo Xiria e o Camariñas repartían acertos e erros. Logo de quedarse na pista o Conservas Boya cun home menos durante catro minutos pola doble exclusión a Perón (as dúas por protestas aos colexiados), o Calvo apretou un pouco máis na defensa e correu o contraataque para deixar ao final do encontro o marcador de 38 – 25.

Vindeira cita

Agora a competición parase ata o 14 de xaneiro. O Calvo disputará na Coruña outro derbi provincial ante o OAR mentres que o BM Camariña visitará o Municipal de Chapela para enfrontarse ao Paraxe Construcciones, rival difícil pois esta 4º na táboa.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios