Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Cee proclamouse campión da Liga Infantil tras vencer ao Outes nun marco de máxima igualdade

O Cee proclamouse campión da Liga Infantil tras vencer ao Outes nun marco de máxima igualdade
Infantis do Cee no Cunchido celebrando o titulo Infantís do Cee no Cunchido celebrando o titulo Levan anos competindo man a man. Levan protagonizando fermosas pelexas por todo o alto, sendo superiores ao resto de rivais pero estando moi igualados entre eles. De feito, en febreiro xa dicíamos que a súa rivalidade prometía emocións fortes. E abofé que si. Ata a última xornada mantivéronse as espadas por todo o alto, cunha finalísima celebrada esta mañá no Cunchido. Falamos das xeracións, este ano en infantís, de Cee e Outes, que este sábado chegaban á ultima xornada da Liga Infantil con só dous puntos de vantaxe a favor do Cee. O Cunchido acollía un ambiente espectacular para a finalísima. Ao Cee valíalle o empate, pero conseguía vencer por 1-5 e alzarse co título. Foron mellores os de Rubén, pero non tanto como sinala o marcador. Na primeira metade se colocaban 1-2 por diante, obrigando aos de Carlos a ir a por todas na segunda. Non saíu, e coa potencia de Isaac, que a rompe, e de Alfredo, rápido como unha centella, o Cee conseguía finiquitar o choque e alzarse campión. Infantís do Cee no Cunchido ao rematar o partido co Cee Infantís do Cee no Cunchido ao rematar o partido co Cee O Cee rematou a temporada con 99 puntos, 33 vitorias e só unha derrota, a da primeira xornada ante o Sofán. 200 goles a favor e só 34 en contra dan conta do nivel desta xeración. O Outes só perdiu os dous partidos contra o Cee, e os seus números tamén son tremendos: 94 puntos, 181 goles a favor e 36 en contra. A cousa promete emocións fortes, tanto na Copa (van en lados diferentes do cadro) como nas vindeiras temporadas. Foto dos Infantis do Cee de Manuel CaamanoFoto dos Infantis do Cee de Manuel Caamano Foto dos Infantis do Cee no Cunchido de Manuel Caamaño   Infantis do Union Club Cee campións de liga 17-18 Os infantís do Cee superaron ao Outes e conseguiron alzarse co título de campións Os 15 leóns do Infantil do Outes Os 15 leóns do Infantil do Outes  

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios