![Infantis do Cee no Cunchido celebrando o titulo]()
Infantís do Cee no Cunchido celebrando o titulo
Levan anos competindo man a man. Levan protagonizando fermosas pelexas por todo o alto, sendo superiores ao resto de rivais pero estando moi igualados entre eles. De feito, en
febreiro xa dicíamos que a súa rivalidade prometía emocións fortes. E abofé que si. Ata a última xornada mantivéronse as espadas por todo o alto, cunha finalísima celebrada esta mañá no Cunchido.
Falamos das
xeracións, este ano en infantís, de Cee e Outes, que este sábado chegaban á ultima xornada da Liga Infantil con só dous puntos de vantaxe a favor do Cee. O Cunchido acollía un ambiente espectacular para a finalísima. Ao Cee valíalle o empate, pero conseguía vencer por 1-5 e alzarse co título.
Foron mellores os de
Rubén, pero non tanto como sinala o marcador. Na primeira metade se colocaban 1-2 por diante, obrigando aos de
Carlos a ir a por todas na segunda. Non saíu, e coa potencia de Isaac, que a rompe, e de Alfredo, rápido como unha centella, o Cee conseguía finiquitar o choque e alzarse campión.
![Infantís do Cee no Cunchido ao rematar o partido co Cee]()
Infantís do Cee no Cunchido ao rematar o partido co Cee
O Cee rematou a temporada con 99 puntos, 33 vitorias e só unha derrota, a da primeira xornada ante o Sofán. 200 goles a favor e só 34 en contra dan conta do nivel desta xeración. O Outes só perdiu os dous partidos contra o Cee, e os seus números tamén son tremendos: 94 puntos, 181 goles a favor e 36 en contra.
A cousa promete emocións fortes, tanto na Copa (van en lados diferentes do
cadro) como nas vindeiras temporadas.
![Foto dos Infantis do Cee de Manuel CaamanoFoto dos Infantis do Cee de Manuel Caamano]()
Foto dos Infantis do Cee no Cunchido de Manuel Caamaño
![Infantis do Union Club Cee campións de liga 17-18]()
Os infantís do Cee superaron ao Outes e conseguiron alzarse co título de campións
![Os 15 leóns do Infantil do Outes]()
Os 15 leóns do Infantil do Outes
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)