O Círculo de Xadrez Muxía ascende á 2ª División galega


Segue en marcha a Liga Galega de Xadrez, e xa podemos celebrar, a falta de tres roldas para a finalización da liga, o ascenso matemático á 2ª División do Círuclo de Xadrez Muxía. Con 29.5 puntos ten unha ventaxa de 5 puntos sobre o segundo clasificado, polo que para a vindeira campaña xogará na terceira categoría nacional.
Esperemos que para o ano sexan dous os equipos na 2ª División, unha vez que o Clube de Xadrez Cabo Touriñán A está en postos de descenso.
Tarde de derbi
En todo caso, a fin de semana viviuse intensa nos Muíños, onde tivo lugar o derbi máis importante do ano 2013, enfrontándose o líder da 3ª División da Liga Galega, o propio Círculo Xadrez Muxía, cun potentisimo Cabo Touriñán B, acadando un resultado de 4-0 favorable ao Círculo.
Teremos que estar atentos a estes do Círculo, pois contan con varias estrelas, como
Máis información
- Ligas Galegas de Xadrez.
- Facebook do Círculo de Xadrez Muxía.
- Facebook do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.
Novas relacionadas
1ª Circuito de Xadrez Costa da Morte
- 7º Torneo: Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- 6º Torneo: O Circuito de Xadrez desborda Fisterra.
- 5º Torneo: Francisco Luís Abella volve dominar o taboleiro de Xadrez da Costa da Morte.
- 4º Torneo: Os corcubioneses copan o podio do Torneo de Xadrez de Carnota.
- 3º Torneo: O Circuito de Xadrez roza a maxia en Vimianzo.
- 2º Torneo: O Clube Cabo Touriñán lidera o Circuito Costa da Morte tralo Torneo de Corcubión.
- 1º Torneo: Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores.
Fonte
- Círculo de Xadrez Muxía.