sábado. 22.03.2025
El tiempo

O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando

O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando

Continúa o soño do Balonmán Camariñas Conservas Boya. O equipo de Dioni Quenlle vencía nada menos que na pista viguesa do Seis do Nadal, e o facía con rotundidade, demostrando que a súa posición de liderato non é unha casualidade. Os conserveiros xa sacan 3 puntos aos segundos clasificados.

Datos do encontro

  • Resultado: Seis do Nadal, 26 .- Boya Balonmán Camariñas, 34.
  • Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Alan (3), Fari (2), Felipe (1), Quin (8), Canedo (5), Moncho (2), Salva (2), Caamaño (1), Catalán (5), José Ramón (3), Perón (1), Xabi (1).

Cun inicio titubeante e cuns primeiros 10 minutos de tenteo e indecisións por parte dos dous equipos parecía que se ía a ver outro partido, pero aos poucos o Camariñas foi impoñendo a súa firme defensa e as súas rápidas transicións para irse distanciando no marcador ante un ben conxuntado equipo olívico.

O fondo de banco, a versatilidade de ataques ben dirixidos por Moncho ou Canedo e as solucións que achegaban os extremos conserveiros, foron claves para a cómoda vitoria, que aínda puido ser maior debido a que o último cuarto apuráronse as rotacións e como consecuencia afrouxouse a tensión que mantiveron en todo o partido, de feito marcaron todos os xogadores convocados excepto os porteiros.

Pode seguir soñando así o cadro camariñán. Xa é o equipo a bater e a revelación do campionato, agora a seguir loitando coa mesma humildade e seriedade que mantiveron ata a data, e a pensar no próximo partido en Camariñas.

Vindeira cita

Novo encontro ante outro dos favoritos ao ascenso, no Areal o sábado 26 ás 19:00h da tarde contra o Bueu At.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.
  • Foto de José Campana.

Comentarios