O Coristanco convírtese en equipo da Liga da Costa

Chegaba a finalísima á Rocheira. O Coristanco convírtese, con xustiza, en novo equipo da 2ª Autonómica. Xa estivo a un gol na Liga, pero foi finalmente o Ameixenda o equipo que ascendía directamente, pero nesta Promoción puido cun Corcubión que tamén competiu moi ben, pero que terá que esperar para regresar á Liga da Costa.

Coristanco - Corcubión (1-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Marcos, Rubén, Iván, Mato, Andrés (Joni, min.50), Javi (Damián, min, 70), Pazos (Sergio, min.75), Juan, Gonzalo e Ivi (Jose, min.85).
  • CORCUBIÓN: Beto, Trillo, Balucho, Senra, Marco, Alan, Gabi, Sebas, Toja, Gorka e Lema. Tamén xogaron: Javi Floreal, Edu e Mario.
  • Gol: 1-0, min.70: Gonzalo de vaselina a pase de Andrés nunha contra.

Foi clave a baixa de Lourido no Corcubión, que tras pasar toda a semana no hospital con problemas respiratorios, deixaba ao equipo sen unha das súas referencias arriba. De feito, o cadro corcubionés apenas tirou a porta en todo o partido, un choque que empezaba con demasiado respecto, tralo 1-1 da ida, e con dous equipos con moito medo.

O Corcubión buscaba saír tocando dende atrás ante un Coristanco ao que lle valía o empate sen goles e se metía ben atrás buscando ás contras, pero sen apenas ocasións nunha primeira metade de gran tensión.

A segunda, cunha calor tremenda, comezaba cunha gran ocasión para Lema que salvaba Nacho, e pouco despois, nunha contra, marcaría Gonzalo un tanto de vaselina.

Metíase atrás o cadro local e pedía o final do partido, e nas protestas o meta suplente Jack era expulsado, sen evitar que o cadro de Da Silva puidese disfrutar do ascenso e deixar ao Corcubión de Lema ás portas da volta á Liga da Costa.

A celebración foi auténtica, no tractor das patacas e nos bares da volta, e co poeta local Donato como xefe de cerimonias.


Novas da Gala

Máis da Promoción de ascenso

Crónicas da semana

Artigos futboleiros

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas