Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda

3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda
O Ameixenda novo equipo da 2 Autonomica-Foto-Mar A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Á terceira foi a vencida e o Ameixenda deixa de ser equipo da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e se convirte en novo equipo da Liga da Costa. E non sen sufrimento, pois o gol do ascenso chegou no min.93 tras un partido agónico ante un Lira ao que ao final tamén lle valía a derrota para meterse na Promoción.

Houbo algo de polémica, e se ben o noso equipo puido corroborar que non houbo nada raro no San Paio de Refoxos, dende Coristanco entenden que houbo unha adulteración da competición por comezar o choque con 15 minutos de retraso, de xeito que o Lira puido saber que non necesitaba a vitoria pola derrota do Nantón e baixou o pistón os últimos 15 minutos. Un cadro coristanqués que quere facer pública a súa protesta, pero que na realidade terá que recuperar forzas para a Promoción, que comeza xa e que enfrontará ao Coristanco co Lira e ao Muxía co Corcubión.

Así o celebraba o Ameixenda:

Así celebraba ayer el SD Ameixenda el Ascenso a 2ª despues de un encuentro muy competido. Muchas Felicidades por ese...

Posted by Jorge Parri on Luns, 25 de Maio de 2015

Laxe - Muxía (1-6)

  • Goles: Sergio (2), Joni, Gerardo, Víctor Alcaina (2) polo Muxía e Manu Domínguez para o Laxe.

Partido sen historia, sen gañas, no que o Muxía foi superior e endosou un set a un Laxe que estaba desexando rematar a temporada. Pero ollo que para o ano volverá con máis forza.

Mentres, ocadro muxián prepara a Fase de Ascenso, na que se enfrontará ao Corcubión.


Ameixenda - Lira (2-1)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Samuel, Bichiño, Jesús, Javichu (Álex, min.65), Camacho (Borja, min.70), Momaño, Mario, Andrés e Cristian.
  • LIRA: Peipo, Eloy, Josiño, Pardelo, Pelos, Estrella, Demetrio, Pata, Oli e Saúl. Tamén: Aitor, Miky e Manu.
  • Goles: 0-1, min.2: Oli; 1-1, min.70: Jesús de falta; 2-1, min.93: Mario de penalti.
Imaxe do Ameixenda-Lira-Foto-Mar

Menudo partido no San Paio de Refoxos. Necesitaba o Lira a vitoria para meterse na Promoción e o Ameixenda para conseguir o ascenso directo. E algo tarde arrincaba o choque tralas fotos pertinentes iniciais, e nada máis sacar Oli metía o 0-1 no marcador. Os nervos atenazaban ao equipo de Pato, que non conseguía facer dano. Tiña o partido controlado o Lira, con 0-1, e pasaban e pasaban os minutos.

Chegábase ao descanso e o Ameixenda o intentaba pero conseguía facer dano cando Jesús, cunha falta facía a igualada e puña o ascenso a un só gol. Remataba o partido en Cerqueda e en Vimianzo, polo que ao Lira lle valía ca derrota e o Ameixenda tiña que vencer. Volcouse o cadro amarelo, apoiado pola súa afección, sobre a meta liracha, e no último suspiro, un claro penalti, era transformado por Mario para o deleite da bancada.

O Ameixenda era novo equipo da 2ª Autonómica.

O Ameixenda celebrando o ascenso a Liga da Costa

Cerqueda - Nantón (2-0)

  • CERQUEDA: Ángel (Gesto, min.46), Pailos (Bastón, min.60), Uru (Javi Pazos, min.57), Dani, Pablo, Sergio, Xabi, Luchi (Juanjo, min.65), Dani Seaia (Javi, min.60), Darío e Martín.
  • NANTÓN: Ernesto, Lareu, Dani Costa, Amado (Redondo, min.55), Diego, Carlos Vidal, Fabio, Alberto, Luís, Martín e Iván.
  • Goles: 1-0, min.44: Sergio: 2-0, min.55: Martín.
O Cerqueda ca copa de Campion da 3 2014-2015-FOto-UD

Partido duro, pois o Nantón xogábase moito e o Cerqueda quería cerrar a tempada recibindo a Copa e gañando no exilio de Ponteceso. E así foi, xogou serio en todo momento o líder e levando o mando do encontro, que trascurría sen grandes ocasións por culpa do aire pero no 44 Sergio coa axuda do vento facía un fermoso gol dende fóra da área.

Esto mandaba moi tocados ós cabaneses ao descanso, pero saían un pouco mellor na segunda metade e chegaba á área contraria con máis facilidade. Pero ós 10 minutos da segunda parte o Cerqueda ampliaba a súa renta facendo o segundo, despois dun rechace no que Ernesto non consegue atallar, e o balón lle queda nos pés do atacante local. O Nantón non foi quen de reaccionar, e así puxo fin a esta temporada, incapaz de conseguir o seu obxetivo de meterse na Promoción.

Sergio Mato abría o marcador con este golazo na victoria ante o Nanton.

Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 24 de Maio de 2015

Castrelo - Coristanco (2-4)

  • CASTRELO: Carreira, Victor, Suso, Quintáns, Luís, Stiven, Félix (Isra), Roi, Rafa, Elvis e Lucho.
  • CORISTANCO: Nacho, Mato, Iván, Rubén, Marcos (Jose, min.60), Toni (Sergio, min.75), Javi, Damián (Cristian, min.65), Juan Lagoa, Ivi e Andrés (Facal, min.60).
  • Goles: 0-1, min.15: Ivi a pase de Juan; 0-2, min.25: en propia meta a un córner de Lagoa; 1-2, min.35: Lucho; 2-2, min.40: Rafa; 2-3, min.55: Lagoa pola escuadra; 2-4, min.80: Andrés.

Comezaba a en punto o choque en Vimianzo, co aire en contra para o cadro de Da Silva, que necesitaba a vitoria e esperar o tropezo do Ameixenda. O Castrelo presionando pero aos 15 minutos nun bo pase de Juan que deixa a Ivi para marcar. Pouco despois o propio Juan Lagoa saca un córner e tras varios rexeites o balón cólase facendo o 0-2. Aí relaxouse de mais o cadro visitante e o Castrelo recurtaba, e conseguía empatar o partido cos tantos de Lucho e Rafa, e facendo xustiza ao visto no marcador.

Consciente da súa necesidade o Coristanco sae na segunda dominador. Ivi e Andrés avisaban e pouco despois, sería Lagoa o que colle un rexeite e o marca pola escuadra. O Castrelo, sen cambios, víase superado polo Coristanco ata que preto do final Andrés facía a sentenza. Tocaba mirar o carrusel de QPC, para ver que acontecía en Cee, e se cando remataba o choque en Vimianzo, o Coristanco era virtualmente equipo de 2ª, ían chegando as novas do empate e do gol da vitoria dos ceenses ante a indignación dos bergantiñáns, que terán que xogarse a fase de ascenso co Lira.

Quere Roland Caamaño, mister do Castrelo, despedirse da temporada dándolle as gracias á súa directiva e aos seus xogadores, ademais da gran afección que non parou de animar aos seus a pesar da irregular campaña. Un Roland que quere facer unha mención especial ao capitán Luís, que “con 44 anos segue loitando e tirando do carro como se tivera 18“.


Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Comentarios