Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais

Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais
O Fisterra Benxamin ante o Caranza na Fase Final galega

Non tiveron moita sorte cos resultados pero o que disfrutaron non ten prezo. E precisamente, a estas alturas, os campións costeiros en Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns o que queren é pasalo ben e gozar o deporte. E abofé que o fixeron os Cee Alevín, os Benxamíns do Fisterra e o Cee Prebenxamín, campión empatado co Outes, nas fases galegas.

Ademais, polo Norte, onde aínda quedan 2 xornadas, en Benxamíns o Muxía xa celebrou o título de Liga.

Gran actuación do Cee

Peques do Cee cos do Depor

O Cee acodía con dous equipos, o Alevín viaxou a Caranza, Ferrol, e o Prebenxamín a Sigüeiro. Non puido estar Nando, a alma máter desta pequerevolución ceense, nos dous partidos, pero quedou encantado con estes dous grupos que fixeron historia xa na capital da Xunqueira, pois é case seguro que ningún equipo das ligas costeiras pasou a fase de Grupo, e si que o fixeron os Alevíns. “O máis importante é que o pasaron pipa, e acabaron que non podía ca alma”, recoñece Nando.

Pero a realidade é que os Alevíns fixeron unha gran fase, cun equipo moi competitivo, e superando a fase de grupos. Gañaron ao Compostela por 4-0, empataron co Bertamiráns a 1 gole e perderon co Dépor por 5-0. Nas semis caeron co Racing de Ferrol nun partido vibrante, que rematou cun apretado 2-1, e no 3º e 4º posto, xa dando minutos aos que menos xogaran, e xa cansos, caeron co Luís Calvo de Carballo por 4-2.
Aí estiveron os Pablo Oreiro, Iago Trillo, Santi Vázquez, Brais Conde, Leandro Coo, Anxo Pose, Dani González, Alejandro Castro, Diego Gómez, Xabi García, Jorge Trillo, Pablo Rey e os benxamíns Antón Pose e Juan Oreiro.

En Prebenxamíns os resultados do equipo en Sigüeiro non foron tan bos, pois caeron 0-2 co Residencia, 0-3 co Orillamar e 0-6 co Victoria, pero o importante é o ben que o pasaron os Gabriel González, Samu Rodeiro, Martín Fontaíña, Ismael Domínguez, Carlos Suárez, Xián Alvárez, Xavi Cives, Mateo Vázquez, Saúl Cives, Carlos Trinidad, Rubén Trillo, Xavier Lago, Anxo Vigo, Álex Muíño, Yzan Caamaño e Samu Sambad.

O Cee Prebenxamin na Fase Final Galega

O Fisterra pasouno de medo

O Fisterra Benxamin ante o Bertamirans

O Fisterra de Marcote acodía como campión Benxamín á fase en Laracha. Empezaron a sesión co Dépor, caendo por un contundente 9-1 ante un equipo doutro nivel. Chegou o Galicia Caranza no segundo partido e os ceenses non encontraron o sitio e acabaron caendo por 3-0. E no terceiro partido competiron ben ante o Bertamiráns pero acabaron caendo por 6-4.

Como dicimos, o importante é que o pasaron en grande os porteiros Damián e Fernando, cos defensas Aarón, Lois, Borja, Ángel, Trillo, Antonio e Senra; os medios Martín, Álex Marcote (o capitán e pichichi), Óscar, Mauro, Noé, Álex e Alejandro, e Guille e Juan.

O Fisterra Benxamin con Marcote na Fase Final Galega

O Muxía, campión da Liga Benxamín Norte

Aínda quedan dúas ligas comarcais en liza. En Benxamíns Norte o Muxía xa celebrou o título de Liga a falta de 2 xornadas.
Só quedan por cecidir pois os Alevíns, Cabana e Corme teñen aínda dúas xornadas de fermosa pelexa.

Novas relacionadas


Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios