Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso a Segunda é Primeira

Fases de Ascenso a Segunda é Primeira
Esta tarde xogabase o primeiro dos encontros da Grandisima final que decidirá se Coristanco ou Corcubión estarán na 2ª Autonómica o ano que ven. O primeiro encontro xogabase en terras corcubionesas e deixararon todo para resolver no encontro de volta tralo seu empate.
A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Mentras tanto o Zas desplazabase a terras ribeirenses para enfrontarse o Palmeira, os de Ivan Cancela querían solventar a papeleta e deixar o Ascenso selado pero foi todo o contrario, caía goleado con contundencia e ten que xogarse a última carta en San Andrés o fin de semana que ven fronte o Tordoia.

Palmeira - Zas (5-0)
  • Zas: Rizos, Josito, Fabian, Isma, Vecino, Canedo,Peke, Manu, David, Rubio e Alex Flores. Banquillo: Pablo Ternade, Sergio, Diego, Martin, Pablo.
Mal partido do Zas. Saiu o Palmeira moito mais enchufado. E foi moi superior na primeira parte. Na segunda igualouse mais a cousa pero igual superior o Palmeira. Pesou tamen o estado do terreo de xogo que estaba moi irregular para xogar e o zas non soubo adaptarse. OPalmeira mostrou maxima efectividade de cara a gol. Corcubión - Coristanco (1 - 1)
  • Corcubion: Beto, Balucho, Marco, Senra, Trillo, Gabi, Alán, Sebas, Gorka, Lourido e Lema. Banquillo: Toja, Edu, Sito, Mario Suarez e Javi.
  • Coristanco: Nacho, Mato, Ruben, Ivan, Jose, Pazos, Javier, Ivi, Gonzalo, Damian e Lagoa. Banquillo: Marcos, Jonathan, Sergio, Andrés e Jacky.
  • Goles: 1-0, min.36: Iago Lema; 1-1, min.66:Villajos

Comezaba o encontro no novo cubeleiro con un corcubión que apretaba e creaba algunha que outra ocasión de perigo ante a meta defendida por Nacho, a posesión do balon e o control do encontro era dos locais ainda que o Coristanco tería unha moi clara que sacaría baixo os paus un xogador local. O gol do corcubión chegaría da man do máximo goleador da liga de terceira Iago Lema que definiría perfectamente ante Nacho o que nada pudo facer. A primeira metade remataría con este 1-0 para os locais.

Xa na segunda metade o Coristanco parece que quería virse arriba pero o Corcubión debendiase ben. Esta segunda metade foi un pouco un tira e dalle por ambos lados e non tería un dominador claro. O cadro de Silva empatararía o encontro nunha contra moi ben levada no cal Villajos definiria moi ben. Con este 1-1 chegaríase o final do encontro e queda todo pendente para o encontro da Rocheira en Coristanco.

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios