O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos
Xa temos campión de campións nos Veteranos da Costa. O Coristanco, actual campión de Liga, vencía por 2-0 na final da SuperCopa de Veteranos ao Dumbría, vixente campión de Copa. Todo nun partidazo disputado no Pinguel, en Ponteceso, nunha festa dos Veteranos da Costa onde ademais, o At. Milagrosa dou conta do seu título de Liga da 2ª División vencendo ao Erbeceso, 2º, na Final B desta SuperCopa.
Coristanco - Dumbría (2-0)
- CORISTANCO: Chapas, Díaz, Toniño, Antonio, Cocqui, Pedro, Alberto, Charly, Lorenzo, Ton, Carlos. Tamén xogaron: Adrián, David, Luky e Moncho.
- DUMBRIA: Dani, Elías, Tomás, Martín, Fandiño, Rique, Jose Lema, Javi, Juanjo, Diego e Víctor. Tamén xogaron: Serxio, Antonio, Marcos, Miguel, Juan Luís, Sebastián, Simón, José Ramón e Óscar.
- Goles: 1-0, min.40: Juan de cabeza; 2-0, min.75: Carliños de falta.
- Árbitros: Eduardo Rodríguez con Goyeneche e Capellén.
Moita xente no Pinguel para ver a gran final dos Veteranos. A primeira metade foi bastante igualada e só contra o final o Coristanco conseguía abrir o marcador cun tanto de Juan de cabeza ante a saída en falso do porteiro dos Veteranos do Dumbría.
Arrincaba a seguna parte co Dumbría dominando o partido e sobre o minuto 20 desta segunda parte nunha contra chega a mellor ocasión dumbriesa. Un balón ás costas da defensa deixa ao punta dumbriés só diante do porteiro e se o árbitro asistente deixa seguir ao ver que non hai fóra de xogo, o colexiado desautorízao e pita fóra de xogo ante as protestas dos dumbrieses.
E do posible 1-1, nunha falta ao bordo do área, Carliño lanza pegadiña ao poste sen que poida facer nada o porteiro convértese no 2-0 definitivo.
Os últimos minutos do partido o Dumbría envorcouse encima da portería do Coristanco onde tivo dúas ocasións de gol una por parte do Miguel e outro de cabeza Tomás pero que o balón na dúas ocasións pasa rozando o larguero pero vai fóra.
En definitiva, foi un bo partido dos dous equipos no que compre destacar por parte do Coristanco a Carliños polo gol de falta e a Toniño polo bo traballo en defensa; e por parte dumbriesa a Fandiño pola súa labor defensiva e a Sebastián.
A Final B: At. Milagrosa - Erbecedo (3-1)
- AT. MILAGROSA: Jorge, Couto, Alexos, Jorge II, Óscar, Oscar Rodo, Carlos Rodríguez, Joaquín, Canedo, Miguel e Sande. Tamén xogaron: Norberto, Pablo Rey, Javier Caamaño e Brian.
- ERBECEDO: Juan, Roberto, Antonio, Alejandro, Marcelino, Martçin, David, Mauri, Amarelle, Sande e Bouzas. Tamén xogaron: Florencio, Muíño, Chachi, Abreo, Yordi, Pablo, Andrés e Toño.
- Goles: Joaquín (2) e Miguel polo Milagrosa; David polo Erbecedo.
O primeiro partido deste 1º Trofeo de SUper Copa da Liga Veteranos, enfrontaba na final B o campión de 2ª división At. MIlagrosa co subcampión de Copa, o Erbecedo. Boa entrada no campo do Pinguel e claro vencedor o At. Milagrosa, onde dominou o partido na súa totalidade.
Cómpre destacar neste partido ao xogador Sande e Alexos do At. Milagrosa polo seu gran partido e por parte do Erbecedo a Bouzas e Amarelle.
Novas relacionadas
- O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- O Coristanco leva o título de Veteranos.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).