O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee
Xa van alomenos 3 Ligas. O Distribuciones Barral segue abusando nas Ligas de Fútbol Sala de Cee, e esta pasada semana vén de sentenciar a súa 3ª. Os vimianceses desfacíanse esta semana do Loureiro por 0-3, co que deixan ao Praia de Quenxe a 4 puntos a falta de unha xornada. Alirón cantado.
Polo demais, na 1ª División, descenderá seguro o Construcciones Insua, pero a segunda praza de descenso xogarase ao longo da semana. Ata 4 equipos están en perigo. Antoxos, Beach Party, Clínica Sar e Ferroatlántica desputarán unha intensa semana sen choques directos.
De 2ª División ascenden Faina II e Cafetería A Romántica, pero aínda poden cambiar as súas posicións, se o Faina II non gaña ao Brens na última xornada e si o fai A Romántica ante o Manhatan.
Pichichis e "porteirazos"
En canto aos Goleadores, esta é a clasificación:
- 1ª División:
- 1º Aitor (Praia Quenxe - 38 goles).
- 2º Míchel (Dist. Barral - 36 goles).
- 3º Adrián Mackaay (Fed. Ollo - 33 goles). >
- 2ª División:
- 1º Álvaro (Faina II - 33 goles).
- 2º Bruno (Café A Romántica - 33 goles).
- 3º Álvaro (Seguros CdM - 27 goleas).
Porteiros menos batidos:
- 1ª División:
- Marcos (Dist. Barral - 35 goles encaixados).
- Rafa (PraiadeQuenxe - 44 goles encaixados).
- Angel (Loureiro - 53 goles encaixados). - 2ª División:
- Oscar (Faina - 33 goles encaixados).
- Joselu (Romántica - 39 goles encaixados).
- Simón (Rec. Cee - 41 goles encaixados).
Novas relacionadas
Máis info
Máis información
Nova relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).