O Dumbría proclámase campión galego de Volei Praia Cadete en casa
Non puido ser mellor. Ademais de convertir o Ézaro, Dumbría e a Costa da Morte no centro do volei praia estatal, os pequenos cadetes dumbrieses celebraron o título de campións de España. Máis non se pode pedir.
Foron 42 os equipos que pasaron a longa fin de semana competindo no Ézaro, nunha das probas xa consilidadas do campionato nacional convertido ademais en centro de tecnificación para as seleccións galegas deste deporte. Arredor do evento, unhas 500 persoas só entre equipos participantes, delegacións e acompañantes, agotando os aloxamentos dispoñibles nas zonas próximas e en gran parte da comarca.
E na area, deporte, e de alto nivel. E entre eles, Unai, Alberto, Juan e Marco, 4 rapaces chamados a grandes cousas neste deporte, gracias ao gran traballo de Luís Alberto e Unai Larrañaga que tanto teñen traballado por este deporte en Dumbría. Como non, o apoio do Concello é fundamental para que todo esto sexa unha realidade, e así o recoñecen xogadores e adestradores do club municipal.
Alta competición e emoción ata o último suspiro
No cadro masculino, o conxunto de Dumbría cumpriu o soño dos anfitriones e converteuse en campión de España ante o seu público. O dúo galego fixo valer a súa condición de local e venceu na gran final aos andaluces de Voleibol San Pedro por 1-2 (21-15, 12-21, 12-15) nun disputadísimo encontro. A dupla andaluza fíxose coa dianteira do choque pero os galegos protagonizaron unha sensacional reacción, dominando con claridade no segundo set e mandando o duelo ao tie-break.
Na morte súbita, a parella anfitriona usou o apoio local para poñer o axustado 12-15 que valía todo un Campionato de España.
Este foi o momento álxido da fin de semana:
Fiesta en #Dumbría!!! @voleydumbria CAMPEONES DE ESPAÑA sub17!! #CEVPS17ÉZARO2015, Enhorabuena chicos!! Gandeeees!! pic.twitter.com/mN0AR9nQuW
— VP Riazor (@vpriazor) July 26, 2015
- Máis información: Resultados do Campionato de Volei Praia do Ézaro.
Novas relacionadas
- A Festa da Praia do Ézaro cumpre 30 anos.
- A Festa da Praia do Ézaro cumple 30 anos facendo do deporte unha relixión.
- A praia do Ézaro será o centro do volei praia galego con 4 probas.
- Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia.
- 2014: A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- 2014: O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).