Sábado. 25.06.2022
El tiempo

O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz

O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz

O Fisober xogaba na maña do domingo en Muxía o día no que debutaba cas da Costa a xogadora de Quintáns, Nuria Paz. E o debut, precisamente ante as súas antigas compañeiras, non puido ser mellor pois o cadro costeiro levou o partido cunha clara vitoria.

E iso que non foi o mellor partido das de Fran Toba e Iván Chans, que se quedan co resultado

Fisober C. VImianzo - Poio (7-2)

  • FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”: Eva, Patri, Ana, Myrella e Ylenia; tamén xogaron: Elsa, Barca, Noelía, Nuria, Olalla e Paula.
  • Goles: 1-0 Elsa, 2-0 Noelia, 3-0 Ylenia, 4-0 Myrella (descanso) 4-1 Laura, 4-2 Nerea Vigo, 5-2 Nuria, 6-2 Barca, 7-2 Barca.

Comenzaba o partido e as novas xogadoras do Poio querendo complicarlle as cousas ás de Fisober. Despois duns primeiros minutos nos que apenas se viron ocasións de perigo. Fisober decidiu poñerlle unha marcha máis, e así Ana era frenada pola porteira visitante María, e uns segundos despois Patri, desta vez, atopabase coa acertada María.
Pero o gol chegou os 7 minutos cando unha combinación de tódalas xogadoras de Fisober era rematada a gol por Elsa.

E para abrir un pouco máis de brecha Noelia facía o segundo e daba tranquilidade as locais. E tanto se tranquilizaron que se deixaron ir e as de Poio respostaron os goles con tres boas ocasións, na que solo a súa falta de puntería lles evitou apretar de novo o electrónico, un pau de Mar despois de que a tocara a porteira local Eva, logo foi a visitante Paula e para rematar outra xogadora do Poio.
Parece que estas ocasións espertaron as locais e así de novo despois de dúas boas combinacións primeiro Ylenia, que facía o seu primeiro gol en Autonómica e despois Myrella poñían un 4 a 0 tranquilizador para as da Costa. Aínda así Nerea Vigo tivo preto o primeiro gol visitante antes do descanso.

A segunda metade foi tediosa cunhas locais as que non lles sentou nada ben a mañan. Este periodo abriase cunha nova ocasión do Poio por parte de Nerea García.
A resposta foi por parte de Barca que non vio a Patri mellor situada para o gol. Uns minutos despois de novo Barca non era quen de marcar. Poio non se rendía e quería o seu gol, pero Nerea García non podía con Paula que defendía a meta do Fisober nesta segunda metade.
E ese merecido gol chegou despois dunha excelente xogada ensaiada que deixou a Laura marcar a pracer. Como todo o partido Fisober tivo como reacción a ese gol unha ocasión de Noelia que non vio a Elsa no segundo pau.

Poio buscaba o segundo e aínda que Nerea Vigo non o conseguiu nunha primeira ocasión , despois a case tres minutos para o final si o logrou finalizando unha contra.
Fisober tomou nota e decidiu apretar de aquí o final, así a debutante Nuria facía o seu primeiro gol ca camiseta do Fisober. Poio tivo unha nova oportunidade para reducir distancias que non aproveitaron.

Quen si decidiu non irse de baleiro o día que se xogaba na súa vila foi Barca que marcou dous goles case consecutivos antes do final.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

comentarios