Mércores. 20.10.2021
El tiempo

O fútbol e o volei praia serán os protagonistas da Festa da Praia do Ézaro

O fútbol e o volei praia serán os protagonistas da Festa da Praia do Ézaro
Festa da Praia do Ézaro 2012 - Actividades Deportivas

Xa non queda nada para a XXVII Festa do Ézaro. A cita, que este ano compaxinará deporte e música rock, celebrarase os días 3, 4 e 5 de agosto.

Polo de pronto, e á espera do tremendo cartelazo musical (xa avisamos que haberá doble presencia muradá cos Terbutalina e os Socios a la fuerza), imos repasando as citas deportivas, que como non podía ser doutro xeito falando do Concello de Dumbría, son de primeiro nivel nacional. Desenvolveranse entre o sábado 4 e o domingo 5 de agosto.

Como viamos o ano pasado e no 2010, o único areal dumbriés énchese de xente para disfrutar das probas deportivas.

Este ano, coma sempre, o volei praia e o fútbol praia son os protagonistas. E xa están abertos os prazos de inscrición tanto para o VIII Campionato de Fútbol Praia sub-16 como para o XXV Maratón de Fútbol Praia do Ézaro, que de seguro contará cos mellores xogadores da zona, e mesmo do mundo...

A proba de volei praia, puntuable para o Circuito Galego é máis profesional. Será xa o XXII Campionato de Volei Praia Festa da Praia, e xuntará aos mellores xogadores do país.

Máis información e inscricións

Para as probas de fútbol praia poden anotarse no 981 71 26 05 ou na Casa da Cultura do Ézaro de 10:00h a 14:00h de luns a venres. Os sorteos faranse o mércores 1 de agosto ás 21:00h.

Para a proba de volei praia teñen que inscribirse na FGVB no 981 712 605.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios