Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Imperio da necesidade

O Imperio da necesidade
Pouco tivo que facer a rivalidade sobre a lóxica clasificatoria nos dous megaderbis de Primeira e a Liga da Costa, nos que Dumbría e Corme se impuxeron con certa suficiencia O Muxía foi homeaxeado en Vimianzo Un dos obstáculos máis perigosos que lles deparaba o calendario a Dumbría e Corme, dominadores de tres cartas partes da Primeira e Segunda Galegas, foron superados con cierta suficiencia ante veciños que pouco ou nada tiñan en xogo. No Conco, o líder da categoría goleou a un Fisterra que non mereceu tamaño castigo, mentres que no Pinguel de Ponteceso os percebeiros non só saíron a flote, senón que ademáis aumentaron a vantaxe sobre o Mazaricos, incapaz de vencer en Buño. O teido da pirámide e sudoku autonómico, a Preferente, deixou malas novas en Ribadeo, onde o Soneira, o máis necesitado, caeu tras unha viaxe maratoniana e un partido irregular. As boas novas foron para un Sofán prácticamente salvado incluso con catástrofe na Terceira, e un Xallas instalado parece que definitivamente na zona morna. Os carballeses venceron ao Arzúa no Carral, o fortín chave da permanencia, mentres que os combeses igualaron matinalmente en Ponte dos Brozos de Arteixo. O sorpasso da Primeira ten que ver coa crise do Sporting Zas, derrotado na casa ante o Riveira, e a condición de estados unidos da felicidade que se podería chamar O Cunchido de Outes, onde os de Cambeiro seguen a cimentar pilares da milagre. Esta vez o poderoso Tordoia (no aspecto físico) foi o que inclinou o xeonllo ante a ilusión costeira. O derbi do Conco tivo máis goles que diferencia real en xogo, pero sobre todo a curiosa xeira de Aarón, un 'guiri' no que a capacidade goleadora se refire, e que de novo resultou verdugo dos seus paisanos. A deportividade imperou no Conco, cun ambiente máis que notable. Non errou o novo líder da Liga da Costa, o Baio, na visita do Coristanco a Platas Reinoso. Lle puxeran unha vela os de Pedro Gómez a tódolos santos de Ponteceso, para que o derbi municipal revivise a mellor versión dos de Barca ante o Corme, pero non foi así. Nun encontro sen demasiada historia o perseguidor fixo os papeis. Fallou o Mazaricos en Buño, e arrollou o San Lorenzo, terceiro xa, a un Corcubión descoñecido. Queda xa prácticamente descendido un Laxe superado na casa polo Cerqueda, e moi preto de asegurar a súa continuidade un Baíñas que goleou ao Porteño. Idéntica situación para o reforzado Camariñas, capaz de remontarlle ao Castriz, así como para un Malpica que vive o seu momento máis acertado do curso. Recibiu honores de campión o Muxía en Vimianzo, onde superou ao Castrelo, e de segundo podería telos tamén un Ameixenda que venceu cómdamente ao Volantes.  

PreferenteNorte, xornada 30

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 28

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 29

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 26

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 27

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 7

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 7

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 7

 

LigaGalegaCadete, xornada 27

 

1ªCadete, xornada 25

 

LigaGalega Infantil, xornada 26

 

1ªInfantil, xornada 27

 

LigaAlevínNorte, xornada 5

LigaAlevínSur, xornada 21

LigaBenxamínNorte, xornada 5

LigaBenxamínSur, xornada 21

LigaPrebenxamín, xornada 4

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios