Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Manuela Rial arrasa na primeira fase do Campionato de España de Volei

O Manuela Rial arrasa na primeira fase do Campionato de España de Volei

Finalizou 1º na fase de grupos do Campionato de España de Volei Infantil en Guadalaxara, e os nosos xogadores do Manuela Rial-Volei Dumbría arrasan. 3 partidos e 3 vitorias, para deixar ao cadro ceense encadrado agora no grupo 3, cos CV San Pedro de Marbella, actuais Campións de Andalucía, e o Campión de Valencia o Salesianos de Elxe.

Este novo grupo é dos máis fortes, xa que ambas as comunidades veñen de disputar a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Pero os costeiros loitarán por meterse na fase final.

En todo caso, a expedición está vivindo unha experiencia difícilmente repetible, xa que non todo o mundo pode disfrutar dunha semana de viaxe e deporte cos seus amigos e compañeiros a esa idade. Que o disfruten!

Desenvolvemento da 1ª Fase

O pasado martes o Manuela Rial Mouzo abría o campionato ante o Vall d´Hebrón, primeiro partido do grupo F e que enfrontaba en principio aos dous equipos máis fortes do grupo. O resultado final foi de 2-0 a favor dos nosos con parciais de 25-18 e 25-21.
O Manuela Rial saíu de inicio con Xavier Pérez, Manuel Marcote, David Redonda, Manolito Abuelo (Unai Larrañaga), J. Miguel Caamaño e Chema Bermúdez. Ao comezo do encontro os nervios podían cos xogadores cometendo máis erros non forzados dos habituais, sobre todo no saque, pero a partir do punto 4 e con Chema Bermúdez ao saque, encadeamos un parcial de 8-0 que sería definitivo. No segundo set comaban perdendo 0-6 pero o cadro da Costa foi recortando diferenzas aos poucos ata finalizar o set cunha diferenza de 4 puntos ao noso favor. Destacar a gran defensa de todo o equipo e a boa dirección do colocador Manuel Marcote e a achega en ataque de David Redonda.
Ao finalizar o encontro os rapaces coincidiron coa Selección Española absoluta de Voleibol que estiveron vendo o partido. Os críos tiveron a oportunidade de fotografarse cos seus ídolos e perdírles que lle asinasen uns autógrafos.

Na xornada do mércores o cadro enfrontábase ao Caravaca de Murcia nun trepidante encontro que finalizou cun apertado 2-1 para os nosos, con parciais de 25-22, 14-25 e 25-21. En xogo estaba o clasificarse entre os dous primeiros de grupo para poder disputar os postos do 1-12.
O equipo inicial foi o mesmo que no partido da mañá, aínda que durante o partido tiveron a oportunidade de debutar no campionato Samuel Sambade e J. Bautista Marcote. Destacar a participación do alevín Unai Larrañaga que foi determinante tanto en defensa como en recepción e grazas á cal puidemos darlle a volta ao terceiro e definitivo set, o cal empezamos perdendo 9 - 2. O equipo demostrou moita garra e decoro para poder remontar o partido, grazas en parte á achega dos centrais Xavi Pérez e Manolo Abuelo que habían pasado desapercibidos no 2º set.

E nova vitoria dos xogadores do Voley Dumbría ante o Motilla de Cuenca no terceiro partido, cun resultado de 2-0 e parciais de 25-21 e 27-25. O adestrador aproveitou para dar descanso a varios dos seus titulares e darlle minutos aos menos habituais, unha vez asegurada onte a clasificación para disputar os 12 primeiros postos do campionato.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga e Luís Alberto Fernández.

Comentarios