O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira
Artellaba este pasado sábado a Federación Galega de Pesca unha cita coa caña na Praia Langosteira de Fisterra. Nada menos que o Campionato Provincial de Pesca en Mar Costa, no que competiron uns 50 pescadores.
Finalmente, e tralas ameazas de tormenta, fixo unha tarde-noite espléndida, e dende as 17:00h da tarde e ata a entrada a madrugada, as cañas se sumerxiron na procura do mellor peixe do país. Iso si, o nordés deslucíu algo as capturas, pois este vento enfría as aigas e as "clarexa", o que dificulta enganar aos peixes, tendo que recorrer a montaxes moi finas.
Deste xeito, os pescadores que conseguiron puntuar na primeira manga marcaron a diferencia, pois ao coincidir a segunda manga co solpor, aumentaron as posibilidades de capturas e as forzas estiveron máis igualadas nesta segunda tanda.
Así, aquí vemos aos gañadores: segundo pola dereita e con pelo branco o gañador Antonio Luís Calvo, á dereita o 2º Fernando Navarro Sánchez-Morate, e á esquerda o 3º pablo Raúl Cámera Martínez.
Novas relacionadas
- Dumbría e Baio acolleron sendas citas de pesca.
- 2010: A Costa colle a caña .
- 2009: Pescando ao solpor no Rostro .
Máis novas
- A Asoar-Armega compromete a Dinamarca coa pesca artesanal.
- A Xunta prorroga a vixilancia da reserva mariña de Os Miñarzos.
- Atopado o corpo dun pescador nas augas de Camariñas.
- Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Federación Galega de Pesca.