O Olimpia e Rocío Alvite, premiados no V Circuíto Provincial de Carreiras Populares

20:04 26/10/18

Facía entrega esta semana a Deputación dos premios do V Circuíto Provincial de Carreiras Populares e este ano volveu ter protagonismo costeiro. Entre os máis de 15.100 corredores que participaron nas carreiras, a mazaricá do Sar Rocío Alvite proclamouse campiona absoluta en categoría feminina.
Ademais, o Olimpia recibía o premio de campión na sección feminina para as categorías inferiores, unha gran demostración do potencial de base da familia ceense.
Ademais da mazaricá, proclamáronse vencedores nas categorías absolutas Amador Pena (Club O Pino), Manuel Pérez (Sar) e José Gómez (Mayobre), e nas femininas Eusebia Maldonado e Aúrea Retamal (Milladoiro).