O Oso Polar respira na Liga FGB tras unha nova vitoria


O Oso Polar Costa da Morte vence a domicilio ao C.B. Atocha nun partido cheo de altibaixos por parte de ambos os equipos. Nun partido con escasa anotación e baixas porcentaxes de acerto o Oso Polar alcanzou a vitoria por 41 a 47.
Esta vitoria permite ao Oso Polar asentarse na zona tranquila da clasificación a tres vitorias dos postos de descenso e cun partido aprazado.
- Resultado: C.B.A., 41 - Oso Polar Costa da Morte, 47.
- Oso Polar Costa da Morte: Manuel (-), Roberto (14 ptos, 4t), Santi (7 ptos, 1t), José Ramón (2 ptos) e Pais (6 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (-), David (16 ptos, 2t), Iván (2 ptos), Andrés (-) e José (-).
Comezou ben o partido o Oso Polar endosándolle ao seu rival un parcial de 4 a 23 mercé á súa boa defensa e acerto en ataque. As malas noticias chegaban en forma de lesión ao ter que retirarse José Ramón aos 5 minutos de xogo con molestias nun pé. Entre finais do segundo cuarto e principios do terceiro o C.B. Atocha devolveu o parcial ao Oso Polar ao colocarlle un 20 a 2.
A partir deste momento o partido continuou igualado ata que xa no último cuarto 3 triplos de Roberto e 1 de Santi decantaron o partido a favor do Oso Polar. Por parte do Oso Polar destacar a boa actuación de David (16 ptos e 10 reb) ben secundado por Roberto (14 ptos e 7 reb) e Pais (6 ptos e 17 reb).
Vindeira cita
A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá no municipal de Cee ao C.B. Arteixo, líder da categoría que acaba de perder a súa imbatibilidade esta pasada xornada ante o A.P. Cambre. A cita será o domingo 6 de febreiro ás 17:00.
Máis información
Novas relacionadas
- O Oso Polar non puido remontar ante o Adfro.
- O Oso Polar afiánzase na metade da táboa da Liga FGB.
- O Oso Polar pecha o ano con dúas vitorias e escapa do descenso.
- Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas.
- O Oso Polar sufriu un roubo en Cambre.
Outras novas
Fonte
- Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.