O Oso Polar vence pola mínima e segue enganchado á parte alta

O Oso Polar Costa da Morte venceu a domicilio ao A.X. Sacro Corazón e continúa enganchado na parte alta da clasificación da Liga FGB, concretamente na 5ª posición. O Oso Polar impúxose por 54 a 55.
Por parte do Oso Polar destacar a gran actuación de David (20 ptos, 1 triplo) e Roberto (23 ptos, 3 triplos) que monopolizaron a faceta anotadora do equipo.
Datos do encontro
- Resultado: A.X. Sagrado Corazón 54 - Oso Polar Costa da Morte 55.
- Parciais: 16-9, 18-15, 12-18, 8-13.
- Oso Polar Costa da Morte: Manuel (2 ptos), Roberto (23 ptos, 3t), Andrés (5 ptos), David (20 ptos, 1t) e Pais (3 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Santi (-), Iván (2 ptos), Busto (-) e José (-).
O partido empezou costa arriba para o Oso Polar dado que os de Lugo empezaron máis centrados e tiveron un gran acerto desde o perímetro anotando 3 triplos sen fallo no primeiro cuarto. Nesta primeira parte o excesivo celo arbitral á hora de sinalar faltas persoais provocou que ambos os equipos cargásense moi rápido de faltas e que tivesen que reservar a varios dos seus efectivos con vista a afrontar a segunda metade do encontro (7 xogadores foron eliminados por faltas no transcurso do partido). Chegouse ao descanso con 34 a 24 favorable a Sacro Corazón.
No inicio do terceiro cuarto, o Oso Polar conseguiu cambiar o ritmo do partido asegurando o rebote defensivo e saíndo con rapidez ao contraataque. Cunha gran defensa de Andrés sobre o tirador local freouse a anotación do equipo lugués desde o perímetro e o acerto de David e Roberto fixo o resto. A falta de menos de tres minutos para finalizar o partido o Oso Polar tomou a dianteira no marcador por primeira vez no partido e xa non a perdeu. De aí ao final multitude de faltas tras rebotes ofensivos do Oso Polar e tiros libres con pouco acerto para un definitivo 54 a 55 favorable aos da costa tras un parcial favorable no segundo período de 20 a 31.
Foron baixas José Ramón por traballo e Fabián por lesión.
Vindeira cita
A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá en Cee ao A.P. Cambre. A cita será o domingo 13 de marzo ás 17:00.
Máis información
Máis información
Novas relacionadas
- O Oso Polar supera ao Maristas e mantén a 4ª praza.
- As Escolas de Baloncesto de Zas gañan e perden.
- O Oso Polar non puido remontar ante o Adfro.
- O Oso Polar afiánzase na metade da táboa da Liga FGB.
- O Oso Polar pecha o ano con dúas vitorias e escapa do descenso.
- Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas.
- O Oso Polar sufriu un roubo en Cambre.
Outras novas
Fonte
- Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.