Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar

O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar
Piraguismo Dumbria Un ano máis a vila miñorana de Gondomar acollía a Copa Galega de Promoción de Slalom, e xa van nove. A competición se desenvolveu no centro da vila, no Paque do Río Miñor, e nunha xornada de moita calor. Chegaban os rapaces de Dumbría coa intención de repetir o bo papel de Tomiño, onde foran cuartos por clubes, pero cun gran desempeño a nivel individual con 5 medallas con apenas sete rapaces participantes.
Os presaxios non eran demasiado bos, con varios rapaces enfermos na víspera da competición, pero seguro que as gañas de competir axudaron a que sanasen máis rápido do que ven sendo normal.

Despois da primeira manga as sensacions eran moi boas, con Jorge Quintáns e Marcos Cancela segundo e terceiro nas súas respectivas categorías, pero con moi bóas sensacións que lles daban a entender que podían atacar ó máis alto chazo do podium se facían a súa carreira ideal na segunda manga. Lorena xa o tiña máis complicado, posto que ten unha rival de nivel nacional, Ainhoa Lameiro, do Clube Penedo de Caldelas de Tui, pero en cada competición está mais cerca dela, e máis lonxe das súas outras rivais. A outra sorpresa agradable era Brais Cancela, que se aupaba o terceiro posto na categoría benxamín. Os irmáns Martín e Fran Fernandez Romar facían unhas boas mangas, pero convalecientes dunha enfermedade, xa facían muito acudindo a competir. Pola súa banda, Paula Espasandín e Xesús Cundíns fixeron unhas estupendas mangas na categoría benxamin.

Na segunda ronda tanto Marcos coma Jorge saíron a por todas, moi mentalizados de que se facían unha manga sin penalizacións poderían subir o máis alto de podium, e así foi. Marcos Sanchez Cancela facía unha excelente manga en cero que lle valia para imporse entre os Alevíns, e Jorge Quintáns facia o propio entre os Infantiles e demostrando que a pesar de ser de primeiro ano, é un dos claros rivais a batir este ano na categoría.

O final da competición o CDM Piraguismo Dumbría figuraba no terceiro posto da clasificación, pero revisando as clasificacions e dado o apretado das mesmas, menos de dez puntos co primeiro clasificado, o CDM Teixugos, de Goian, podería ser que ese primeiro posto finalmente recaise no CDM Piraguismo Dumbría.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios