Venres. 29.03.2024
El tiempo

O programa O Mar na Escola xa permitiu a centos de nenos saír ao mar

O programa O Mar na Escola xa permitiu a centos de nenos saír ao mar
O Mar na Escola en Camarinas O Mar na Escola xa está en marcha

Xa teñen pasado o seu bautizo de mar os 400 alumnos que disfrutan do programa Mar na Escola “Xogando co vento”. A súa 13ª edición xa está no seu ecuador, e xa teñen probado a auga os rapaces dos centros de Camariñas (CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porte, I.E.S Pedra da Aguia) de Cee (Colegio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio Lopéz) de Dumbría (CEIP Santa Eulalia) de Fisterra (CEIP Mar de Fóra e CEIP Areouta) de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe).

Programa O Mar da Escola en Camarinas Rapaces do Programa O Mar da Escola en Camariñas

Este programa que leva a veña e a practica de actividades deportivas na mar ás horas lectivas, inclúe sesións teóricas previas cuxo obxectivo é familiarizar os alumnos co mundo mariño, a través de clases sobre a vida no mar (corais, esponxas, ourizos, peixes, crustáceos…). Actividades que axudan a entender as mareas, as corrientes e o vento, así como os elementos de medición das mesmas.

Nestas primeiras saídas á mar, os alumnos xa teñen probado cos kaiaks e vela lixeira. Ademais, no barco escola aprenden a importancia do traballo en equipo e teñen a oportunidade de practicar manobras nos distintos postos de abordo (timón, foque, maior, facer banda…).

En xuño será o turno alumnos dos centros de Muxía (CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños , CEIP Villarmide e IES Ramón Caamaño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios