Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero

Dúas medallas para o Sen Siras

O club Sen Siras estivo representado por Jorge Quintáns e Aarón Rey como competidores e Francico Fernández como abridor. "A adecuación que se levou a cabo no cauce do río Esla para a práctica deste deporte, deu como resultado unha canle de augas bravas de dificultade media e moi divertida para remar" sinalan dende o clube mazaricán.
Jorge Quintáns, logrou a medalla de bronce na categoría k1 logo de facer un cuarto posto o sábado e un segundo o domingo. Impúsoxe así o segundo día ao padexeiro do Cadí Pau Etxaniz e foi superado só por Miquel Travé, do mesmo clube. Jorge tamén se fixo coa sexa posición en c1, empatado a puntos con Pau. O desempate fíxose na proba do domingo, na que Pau quedou por diante, polo que quedou a quinta posición.
Pola súa banda, Aarón Rey - de Mazaricos - acadou a medalla de ouro en k1 veterano, logo de gañar as dúas probas. O sábado conseguía facerse ca primeira posición moi axustado con Emilio Rodríguez, dos Teixugos. O segundo día das probas, Aarón conseguíu marcar máis distancia e facerse así co primeiro posto con máis marxe, seguido a case catro segundos de Emilio e máis de dez do terceiro clasificado, Raul Barba, do Atlético San Sebastian.
Francisco Fernández participou na terceira copa de slalom olímpico en augas bravas. Imaxe: Rosa Fernandez Carrera
Francisco Fernández acudiu a proba como abridor. O tamén mazaricán é infantil de segundo ano e a próxima tempada competirá como cadete. "É importante que este ano se adapte as que serán as súas probas a partir do ano que ven", sinalan dende o clube Sen Siras. O padexeiro remou moi ben toda fin de semana, pagando a inexperiencia neste tipo de canles cunha volcada, que solucionou perfectamente realizando a maniobra do esquimotaxe, pero que fixo se saltara tres portas mentres ía ca cabeza por debaixo da auga.
Lorena Costa, medalla para o CDM Piragüismo Dumbría


Vindeira proba
A próxima cita será o campionato de España en Sort (Lerida) a finais do mes de xullo. Novas relacionadas- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Sen Siras