O Sofán retírase da Copa

13:46 15/05/14

Non pode afrontar con garantías a Copa da Costa e a Fase de Ascenso a 1ª Autonómica. E por iso, a SD decide retirarse da competición copeira para centrarse no ansiado ascenso.
Deste xeito, o Castriz, que xa non tivo que xogar a volta dos Dezaseisavos pola expulsión do Camelle ao quedar con 7 na ida, pasa directamente a Cuartos.
O Comité xa emitiu o parte de sancións e o cadro sofanista, nun principio, non poderá xogar a vindeira campaña a competición, ademais dos 150€ de multa.
As razóns da SD Sofán
O Sd Sofán ven de presentar na Federación Galega a sua renuncia a disputar a 51 edición da Copa da Costa. Os motivos son os seguintes:
- Ante a inmediatez do inicio da promocion de ascenso a 1ª autonómica, a Sd veíase na obriga de xogar 2 partidos no fin de semana, sabado na Copa e domingo na Promoción.
- O curto plantel de xogadores, e a falta de un equipo xuvenil, imposibilita que a Sd poida asumir xogar 2 partidos na fin de semana.
- Tentouse por todos os medios solucionar esta situacion: propúxoselle ó rival en octavos de final, o Castriz, xogar o partido de ida o fin de semana pasado, no que eles descansaban na liga, e o de volta este fin de semana, no que a Sd descansaba na Promocion, pero o CAstriz, por motivos que descoñecemos, negouse en redondo. Lamentamos esta actitude dun clube ó que ata de agora nos unía unha boa relación.
- Propúxose na Federación Galega que designaran un dia de semana para xogar o partido de volta de dita eliminatoria, como se fixo no caso da eliminatoria San Lorenzo – Dumbria, pero a pesar do precedente, a Federación non se quixo mollar neste tema, a pesar de haber un precedente tan cercano.
- Ante a negativa de todas as partes a arreglar o asunto, e ante a inexistencia dun organo do fútbol costeiro que defenda os intereses dos clubes ante a Federación, vémonos na obriga de tomar a decisión de abandonar o torneo, pois consideramos que a Promoción de ascenso é prioritaria, xa non so para os nosos intereses, senón tamen porque hai outros equipos implicados, como é o caso do Volantes de Baño.
- Para rematar, decir que o único que quería a Sd Sofán era competir dignamente nunha competición das mais importantes de Galicia, pero polo visto hai outros intereses que nos impiden tal cousa. Queremos tamen mostrar o noso pesar co Muros, clube ó que eliminamos na rolda anterior, pois de saber que esta situación se ia producir houberamos renunciado antes para favorecer o pase dos muradáns a oitavos de final, pero por aquelas datas a Sd ainda tiña posibilidades de gañar o título de liga e consideramos que o que debiamos facer era competir.
- A Sd asumirá as sancións que esta decisión conleve, como non podia ser de outra maneira.
Novas relacionadas
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.