O Vimianzo Tenis de Mesa organiza un campus deportivo de verán para nen@s

06:31 28/07/17

O club Vimianzo Tenis de Mesa organiza dende o 31 de xullo o 4 de agosto o seu II campus deportivo, será para nenos/as a partires de 7 anos de idade. Este Campus estará dirixido polo actual seleccionador galego de tenis de mesa Miguel Rey e contará coa colaboración de xogadores dos equìpos AD Zas e do VTM. Os rapaces ademais de practicar o tenis de mesa poderán xogar o fútbol sala e se o tempo o permite poderán disfrutar de algún día de praia e facer deporte na area e na auga.
O custe sera de 15 euros, e os horarios de 10,30 h a 13,30 h, para máis informacion e inscripcions no tlf 981716543 ou en Panaderia Antoxos de Vimianzo.
Novas relacionadas
- O AD Zas Ponciano Nieto terá dous equipos en categoría nacional.
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).