Domingo. 03.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón

O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón
Impresionante como quedou o novo pavillon de Dumbria

O voleibol costeiro volve este sábado á competición no renovadísimo polideportivo de Dumbría. E o fai con catro partidos de liga galega. Na máxima categoría a nivel autónomico compiten catro equipos:

  • O Infantil Feminino do Manuela Rial coa aspiración de mellorar as clasificacións de anos anteriores xa que é un equipo rodado nesta categoría;
  • O Infantil Masculino do Manuela Rial co obxetivo de tomar contacto coa categoría pois trátase dun equipo inexperto;
  • O Cadete Masculino do Voleibol Dumbría con aspiracións de gañar o campionato:
  • O Xuvenil Masculino do Voleibol Dumbría que pretende colarse nas fases finais entre os 4 primeiros o que non será nada doado..

Con estas expectativas comezan así a temporada este sábado 12 de outubro nos seguintes horarios.

Comentarios