mércores. 30.04.2025
El tiempo

#ODeporsomosnós: A masa branquiazul mobilízase ante o perigo de desaparición

#ODeporsomosnós: A masa branquiazul mobilízase ante o perigo de desaparición
Concentracion-branquiazul-diante-das-oficinas-do-Deportivo

I é que dalgún modo o Dépor tamén é Fútbol da Costa, a bisbarra amence un día máis preocupado polo futuro da entidade branquiazul. E non é para menos, cando dentro de 24 horas podemos espertar en 2ªB e quen sabe se desaparecer.

A tarde de onte, e tras unha convocatoria in extremis a través das redes sociais, un milleiro de novos siareiros deportivistas ateigaron a Praza de Pontevedra ao son de cánticos como "O Dépor somos nós" ou "Solución á nosa situación". Tamé se escoitou, pero con algo de división, os "Lendoiro dimisión", unha división que non se otaba tanto no twiiter, onde a meirande parte dos afeccionados pedían a saída do que leva máis de 25 anos á fronte do clube. Mentres o aínda presidente negociaba en Matogrande un novo convenio entre administración xudicial, acreedores, xogadores e consello de administración.

A pé da Praza de Pontevedra, a mocidade tomaba a rúa e mesmo cortaba o tráfico, para manifestar a necesidade dunha solución diante da oficina do clube.

Hoxe, teremos que estar atentos a calquera novidade, pois o futuro do Real Club Deportivo de La Coruña decídese nas últimas horas. En todo caso, polas rúas xa se escoitaban ecos nunha nova directiva preparada formada por grandes (non xigantes) empresarios da cidade, e mesmo se vaticinaba aquelo do "Deportivo da Coruña", sen Real e en galego, como o novo equipo da vila herculina.

un-milleiro-de-persoas-tomaron-a-rua-e-mesmo-cortaron-o-trafico

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios