Venres. 19.04.2024
El tiempo

Olimpia xa ten gasoliña para correr

Olimpia xa ten gasoliña para correr
Julio Bazarra e Jorge Lariño asinando o convenio entre Bazarra e Olimpia

A nova entidade deportiva de Cee naceu con bos apoios. E así o rubricaron Julio López e Jorge Lariño, responsables da Estación de Servizo Bazarra e do Asociación Deportiva Olimpia, nun convenio que permite á entidade comezar o ano con tranquilidade e cun respaldo económico que permita desenvolver unha gran actividade deportiva.

I é que os pequenos xa estrearon o podio en competición e os adestramentos continúan en marcha con case un cento de rapaces.

Todo gracias á colaboración do Concello e da Estación de Servizo Bazarra, que continúa apostando polo deporte costeiro, ademais de patrocinar o baloncesto do ACB Costa da Morte, o Club Ciclista Cee, e todas as categorías do UC Cee.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios