Os Biberóns afrontan os Provinciais de FS e a Fase Final de F8


Segun sendo os peques uns dos grandes protagonistas destas fins de semana futboleiras. Esta fin de semana temos ao Corcubión e ao Fisober preparando os Campionatos Provinciais Infantil e Alevín de FS, e ademais xa comezan as Fases Finais das Categorías de F8 Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
Os Provinciais de Fútbol Sala
O Corcubión Infantil e o Fisober Alevín Feminino, quedaban a pasada semaan campións comarcais. E esta fin de semana tócalles participar no Campionato Provincial de Fútbol Sala Xogade das categorías Benxamín mixto, alevín e infantil masculino e feminino. A cita terá lugar o vindeiro sábado 24 de maio nos pavillóns da Costa Bergantiñá.
Os choques da categoría Alevín Feminino celebraranse no Pavillón Municipal de Corme, e as nosas terán que pelexar co Amarelle, co campión da zona de Ferrol, e co Melide. A semifinal serán ante as campionas ferrolás.
Mentres, os Infantís do Corcubión terán en fronte no Pavillón de Malpica, aos mesmos pequenos do EDM Malpica, ao campión ferrolán e ao Muebles Jofagán de Ordes. Corcubión-Campión Ferrol e Malpica-Ordes serán os duelos en semis.
Tamén participan os equipos das vilas organizadores. En Benxamíns, e xa que o campionao se celebra en Cabana, o EDM Cabana terá que enfrontarse ao CPI Fonte Díaz de Touro para pasar á Final, onde terá que enfrontarse ao vencedor do ANPA Santa María de As Pontes e o EDM Negreira.
En Alevín, O EDM Ponteceso enfrontase ao CEIP Lamas de Abade de Santiago, co que loitará para chegar a final ante o gañado do choque entre as escolas de Curtis e Negreira.


Fase Final das F8
E arrincan a vindeira fin de semana as Fases Finais do Campionato Autonómico en categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Unhas competición nas que non poden participar os equipos das Ligas Norte, aínda en competición, e que rexeitaron participar. Si estarán os campións do Sur, os alevíns do Dumbría, os benxamíns do Outes e os Prebenxamíns do Fisterra.
As competicións darán comezo o 1 de xuño para finalizar o 5 de xullo. A primeira eliminatoria será a ida e volta os 1 e 8 de xuño. A segunda fase, a disputar os 28 e 29 de xuño, aínda pendente de sede, formaránse 2 grupos de 4 equipos que farán unha liguilla clasificánose os dous primeiros de cada grupo para unha Final Four.
Estes son os rivais para os nosos equipos na primeira rolda:
- Alevín: Xuv. Aguiño - Dumbría.
- Benx: Victoria - Outes.
- Prebenx: Fisterra - Narón.
Teredes os resultados actualizados ao momento en www.copadacosta.com.
Os que gañen pasan á Fase Final do Campionato Galego.
Novas do fútbol base
- Os Infantís triufan nas Comarcais de FS.
- Copa Infantil: O Cee culmina o doblete.
- Dous costeiros, campións galegos coa Selección Coruñesa.
- A porteira Bea acadou a 5ª praza coa Selección Coruñesa no Campionato Galego Cadete.
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- 4 campións con Biberón.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.