Os carballeses do Monteneme, campionísimos do Ultramaratón BTT
O sábado tivo lugar en Noia a Gran Ruta Celta 2016, proba de BTT de fondo no que este ano se dividía en tres modalidades, a ruta popular de 50 quilómetros a de maratón de preto de 100 quilómetros e a de ultramaratón de 180 quilómetros, nesta última tamén se disputaba o Campionato Galego de Ultamaratón BTT.
O Club Ciclista Monteneme tivo unha destacada participación desprazándose a competir 6 dos seus ciclistas, os cales acadaron moi bos resultados, destacando o 1º posto de José Alberto Soutullo Pérez na modalidade de maratón e o 3º posto na ruta longa de Víctor González Gende, nun final moi apretado, proclamándose así 3º do Campionato Galego de Ultamaratón cun tempo de 8:42, o mesmo que o 2º clasificado, e traendo para Carballo a medalla de bronce de dito campionato galego.
Os outros corredores que acadaron os maillots de campións de Galicia foron Delmiro Rodríguez (Burgas Bike) en Master-30; Jorge Novoa (As Pontes) en Master-40; Gonzalo Sestelo (A Lamprea) en Master-50/60 e Ana María González (Vagalume) en mulleres.
En total, a inscrición alcanzou os 305 participantes, que se dividiron entre a proba Ultramaratón, a Maratón de 100 kilómetros e unha ruta popular de 50 kilómetros. O pistoletazo de saída deuse ás 8:00 horas da mañá dende a alameda da vila medieval de Noia.
Case todos os pronóstivos apuntaban ao triunfo de Márquez e o vigués ofreceu un recital nos montes da comarca do Barbanza. O vixente campión de España nesta modalidade rodou a unha velocidade media de 25,66 kms/hora e aventaxou en máis dunha hora ao segundo clasificado, o master-30 Delmiro Rodríguez. O terceiro en rematar foi o master-40 Jorge Novoa, mentres que ao podio elite tamén subiron Fernando Guerra (Os Esfola Arrós) e Víctor González (Monteneme).
Fonte
- Club Montemene.