Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría

Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría
As cadetes do Volei Dumbria en Cambados

Queda só uns días para o gran día, o esperado primeiro partido da historia do equipo Sénior do Volei Dumbría, que se disputará este sábado ás 19:00h en Pontevedra.

Pero mentres, as categorías inferiores non paran. Este sábado pasado comezaron as Ligas Galegas de voleibol, con todo tipo de resultados, pero sen sorpresas.

O equipo Infantil femenino do Manuela Rial perdeu contra Teis 0-3 (9-25, 6-25, 3-25). O infantil é un equipo novo é notou a sua pouca experiencia ante un Teis moi rodado e forte en ataque.

O Cadete femenino do Voleibol Dumbría tamen enfrentabase a Teis e perdeu por 0-3 (7-25, 25-27, 7-25). O equipo cadete recuperou a praza de Galega por unha renuncia e notou a falta de preparación ante o Teis é so pudo plantar batalla no segundo set onde dispuso de puntos de set. De seguido xogaron contra Cambados e acadaron a primeira vitoria da tempada nun partido que comezaron con ventaxa pero acusaron o cansancio do partido anterior e sufriron para ganar no tie-break por 3-2 (25-17, 25-23, 12-25, 15-25, 15-13).

O domingo os rapaces do Cadete masculino Voleibol Dumbría vencían a CV Vigo por 3-0 (25-18, 25-11, 25-22) nun partido de clara superioridade nun equipo onde as novas incorporacións foron collendo contacto coa categoría.

Por último o Xuvenil masculino do Voleibol Dumbría perdeu ante CV Vigo 0-3 (14-25, 14-25, 22-25) un equipo no que xogan moitos dos seus xogadores en Superliga2. Pese a difilcutade do rival o equipo xuvenil fallou moito na recepción e so se aproximou o equipo vigués no terceiro set.

Vindeira xornada

O partido máis esperado será o sábado ás 19:00h en Pontevedra, co debut do equipo Sénior.O resto dos partidos son os seguintes, tamén a disputar o sábado 18:

  • Infantil femenino: CV Pontevedra-Manuela Rial 10:00h.
  • Cadete femenino CV Pontevedra-Voleibol Dumbría 12:00h.
  • Infantil femenino Liceo-Manuela Rial 18:00h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios