Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando

Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando

Terceira vitoria consecutiva do Conservas Boya - Camariñas, que queda empatado con 6 puntos no liderato con outros 3 equipos. Tamén sumaba os dous puntos o Xiria da 1ª Estatal, mantendo unha moi boa liña.

Ademais, en categoría feminina, Encaixe e Xiria preparan o derbi do vindeiro 8 de novembro, ao que chegarán con diferentes liñas, unha á alza das camariñás, e outra máis preocupante, das carballesas.

1ª División Autonómica, xornada 4

Equipo do Bm Camariñas
  • Resultado: Pabellón Ourense - Balonmán Camariñas (19-20)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Fabio, Fari (6), Eusebio, Jaime (1), Checho, Héctor (2), Xabi (2), Perón (3), Damián (2), Ángel e Antelo (4).

Pese a acudir a Ourense en cadro, ao Aboiar custoulle facerse co partido en casa do colista, unha vitoria moi importante, xa que lle permite seguir nos postos de cabeza con tres partidos gandos de tres xogados. O Bm. Ourense presentou unha defensa 6-0 moi dura, á que un Camariñas moi mermado de efectivos e sen cambios, non puido superar comodamente ata ben mediado o segundo tempo.
Destacar polo Camariñas a Fary, Perón e Antelo, e polo Ourense á súa dura e cordinada defensa.

O próximo fin de semana no Pabelón municipal de Camariñas, o sábado ás 18:30 horas terá lugar uno de os partidos mais interesantes da 1ª división Autonómica masculina, entre o Club Balonmano Camariñas e o Seis do Nadal-Coia, de Vigo. Un partido que nos dirá o verdadeiro alcance e onde poden legar as aspiracones dun mozo Camariñas que non renuncia a nada e aspira a todo nesta liga recien comezada.

1ª Estatal, xornada 6

  • Resultado: Calvo Xiria - Servi-Auto Bueu (37-34)
  • CALVO XIRIA 37 (21 + 16): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (6), Ramón Suárez-Pumariega (5), Martín Alfeirán (2), Brais Puñal, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (5), Mario García de Seárez (1), Gonzalo Pombo, Julián López (2), Iván Campos(4), Javier Rodríguez (3).
  • Marcador cada cinco minutos: 4-1, 10-7, 11-8, 15-12, 17-15, 21-16, descanso, 25-20, 27-22, 29-25, 32-27, 35-29, 37-34.
Logo de dous partidos de moitísima intensidade na súa defensa baixou as revolucións o Calvo Xiria esta fin de semana, encaixando 34 goles, mais quedaron os puntos en Carballo debido á maior calidade individual dos seus xogadores. Unha mágoa que non seguise o conxunto carballés co estilo de xogo que viña desenvolvendo, baseado nas axudas defensivas e na anticipación, xa que desta volta veuse un equipo pasivo e con pouca chispa, agás nos primeiros cinco minutos nos que colleu unha renda favorable de tres goles ca que xogou todo o partido. Sentiuse o Calvo Xiria superior pero non o plasmou no parqué ante un Bueu Atl. que tirou proveito das súas armas para impedir que a diferenza medrase máis aló dos seis goles. No que si mandaron os verdibrancos foi no ritmo de partido, xogando rápido como lles gusta, mais sen facer un xogo colectivo ofensivo acorde co que nos teñen afeitos os locais. No lado positivo hai que salientar que todos os xogadores, a título individual, sumaron para poder acadar os dous puntos, que outorgan ao Calvo Xiria o cuarto posto provisional.

1ª División Feminina, xornada 6

  • Resultado: S.D. Teucro – Goldie Xiria (20-15).
  • Parcial ao dencanso: (8-9)
  • Goldie Xiria: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 4 , Natalia Solís, Tamara Pombo , Jessica Posse 4, Sara Pombo 3, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez, Adriana Gómez 2, Zeltia Landeira 1, Marta Regueira, Patricia García.

Xogábase o Goldie Xiria diante do Teucro parte das súas aspiracións de loitar por entrar no grupo polo ascenso, ese feito foi o que quizás atenazou o brazo das xogadoras carballesas que se viron superadas pola presión do encontro e non encontraron solucións no ataque, os lanzamentos eran complicados, mal elixidos e as opción de vitoria ianse diluíndo a medida que pasaba o encontro.

Comezou o Goldie con certa superioridade diante do seu rival pontevedrés, pero non foi quen de aproveitar as ocasións para desmarcarse e conque rir certa ventaxa no descanso, un apertado 8 a 9 era pouco froito as innumerables ocasións desperdiciadas.

Pero aínda a cousa iría a peor na reanudación, onde o Xiria non vía a forma de materializar os seus ataques diante da porteira local, perdoaba ata nos claros contraataques e a presión ía en aumento conforme pasaban os minutos. Para máis dificultade, apareceron os árbitros que xa dende inicio castigaron moito máis as carballesas, para desquicialas completamente nos derradeiros intentos de igualar o partido.

Duro golpe para a moral do Goldie Xiria, que deberá buscar solucións para vindeiros compromisos. O vindeiro, contra o Encaixe no derbi costeiro.

1ª División Feminina, xornada 5

Balonman Encaixe Camarinas 14-15
  • Resultado: Bm. Encaixe - Campus Auria (32-13)
  • BM CAMARIÑAS: Oanes, Barreiro (6), Aida (9), Nerea, Vero, Sara, Cris Sande, Caamaño, Laura (2), Andrea, Karina (5), Sara Carril (10), Míriam.

O sábado ás 18:30 as mulleres do BM Camariñas recibían no pavillón do Areal o equipo ourensán do Campus Auria. O encontro presumíase fácil para as xogadoras da Costa da Morte, xa que o equipo ourensán perdera todos os encontros disputados ata o momento, sendo o equipo menos goleador e o máis goleado.

Con estes datos contaban as xogadoras do Camariñas, que o comezo do encontro a confianza e a falta de intensidade fixo que so se chegara o descanso con resultado de 11-5. A cousa cambiou na segunda metade, xa que a falta de intensidade incomodaba a adestradora Mónica Barreiro. O equipo saíu con outra cara e con ganas de arranxar o partido nos primeiros minutos desta segunda metade, e asi foi xa que nos segundos 30 minutos conseguiron marcarlles 21 goles.

O resultado final foi un 32-13 que da tranquilidade e capacidade de centrarse no derbi do próximo 8 de novembro diante do Goldie Xiria.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios