Os equipos femininos de volei colleitan unha doble derrota

Dúas derrotas das representantes femininas do voleibol na xornada deste fin de semana. Arrincaban a xornada as cadetes do Voleibol Dumbría no seu intento de ascender a liga galega e atoparon un forte rival en IES Ames que as superaba por 0-3 (21-25/22-25/12-25). As locais non souberon aproveitar as súas opcións con vantaxe no 1º set e cando estaban cerca de remontar no segundo, e a partir de aí regalaron o derradeiro set.

Perderon tamén as infantís do Manuela Rial na Liga Galega ante un potente equipo de Pontevedra por 0-3 ( 8-25/9-25/16-25) no que só plantexaron batalla no 3º set.

Vindeira cita

Esta fin de semana as cadetes xogan a volta da eliminatoria en Ames as 16:00h e as infantís viaxan a Monforte para enfrentarse o Pinguela, o líder da categoría as 19:30h.

Novas relacionadas

Fonte