Os Peque-arqueir@s de Vimianzo disfrutan dos grandes do tiro con arco
Boas novas para os arqueiros costeiros, que este pasado sábado se desprazaban ata As Somozas. Unha boa representación de arqueiros/as do Club Dousxsetenta de Vimianzo para participar no Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Sala. Este torneo é a previa do Campionato Galego que, aínda que non ten data definitiva, previsiblemente se celebrará en xaneiro de 2016.
E antes de empezar, atopáronse con dúas agradables sorpresas:
A primeira é que na liña de tiro había dous grandes carteis cos nomes dos campións galegos do ano 2015. Neles atopábanse dous arqueiros do club vimiancés: Yago García, campión benxamín; e Paula Pérez, campiona benxamín; emais un nome baiés Su A Agra, o de Santi Soneira, campión galego na modalidade de arco espido.
Xunto aos seus nomes podíanse ler outros coma o de Miguel Alvariño, actual Campión de Europa nos Xogos de Bakú, e recente Campión na Final da Copa do Mundo celebrada en México. Tamén aparecía Iria Grandal, membro do equipo español nos Xogos Olímpicos de Londres.
A segunda sorpresa da xornada foi que na instalación atopámonos con Miguel Alvariño, que se prestou a facer unha foto cos pequenos do club. A pesar dos grandes éxitos acadados por este deportista, non perdeu a súa humildade e cercanía. Todo un exemplo para os nosos pequenos arqueiros/as.
Bos resultados
A Somozas acudimos con 10 arqueiros/as repartidos nas categorías Esquío (2007-2008), Benxamín (2005-2006), e Alevín (2003-2004). En categoría Esquío competiron Anxo Trillo, que acadou a segunda posición; Dylan Ramírez, terceiro clasificado; e Sergio Platas, 5º clasificado. Na categoría Benxamín masculina Yago García (actual Campión Galego) foi terceiro, mentres que Samuel Blanco acadou a cuarta posición. En Benxamín feminino María Lema proclamouse campiona do torneo, mentres que Paula Pérez (actual Campiona Galega) foi segunda. Cabe destacar que María Lema pertence á categoría Esquío pero participou na superior, xa que na súa non hai máis arqueiras que ela. Na categoría Alevín masculina Marcos Esperante proclamouse campión do torneo, demostrando o seu bo momento de forma, mentres que Rafa Martínez acadou unha meritoria 5ª posición con moi boas sensacións. En féminas a única representante do club, Laura Ramos (actual Subcampiona Galega), non tivo un bo día e só puido ser cuarta a pesares de recuperarse dun mal inicio e facer unha segunda tanda moi boa.
Anxo e Dylan, dous dos vimianceses que conseguiron subir ao podioNovas relacionadas
- Os pequearqueiros soneiráns seguen dando na diana.
- Arqueiros con medalla municipal.
- Santi Soneira, 5º mellor arqueiro desnudo de España.
- O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.