mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os pequenos de Baio disfrutarán da Miudiño Conection do Obradoiro

Os pequenos de Baio disfrutarán da Miudiño Conection do Obradoiro
Miudino conecction

Dende o Clube de Baloncesto Baio, co que colaboran a Xunta de Galicia, o Concello de Zas e o Obradoiro Blusens Monbus veñen de preparar unha fermosa actividade para que os pequenos da zona disfruten do baloncesto a primeiro nivel.

Así, o clube artella unha saída ó partido de Baloncesto do Obradoiro Monbús, para o vindeiro 19 de maio, ante o Gescrap Bizkaia, no Estadio Multiusos "Fontes do Sar", Santiago de Compostela.

Hai 45 prazas e a saída será ás 10:00h da Torre Penedo, en Baio. Poden inscribirse ata o luns, 13 de maio no teléfono 690 787 070. Ata 16 anos 10€ e maiores de 16 anos 15€.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios