Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Os pequenos saharaouis disfrutaron dunha tarde de fútbol solidario

Os pequenos saharaouis disfrutaron dunha tarde de fútbol solidario
Equipo dos saharaouis en Muros

Fermosa e integradora a iniciativa armada en Muros co I Torneo Fútbol Base PRO NENOS DO SAHARA. Un torneo creado coa intención de facer visible a problemática que está a sufrir o Pobo Saharaui e o mesmo tempo recadar fondos para axudar a traer nenos do Campamento de refugiados de Tinduf.

Foron 3 equipos de fútbol base, Esteirana, Os Miudos e unha Selección do Sahara, integrada polos nenos de acollida que están a pasar este verán entre a veciñanza muradá, os que participaron no triangular.

O resultado foi o de menos, e de feito, ademais de fútbol vivíronse momentos culturais como as actuacións das agrupacións folclóricas de Ximiela (Louro) e Rumial (Campo de Cortes). Se ben o Concello colaborou, hai que salientar o traballo dos Quin Muros, Vinto e directivos dos Miúdos, a xente da Ximiela Louro e da Asc O Rumial Campo de Cortes, armadanzas de todo o evento.

Aínda estades a tempo de colaborar pois a organización da a opción a todas as persoas que queiran mostrar a súa solidariedade, poñendo un número de conta para que fagan os seus donativos. A conta está aberta en A BANCA co número 2080 5409 11 3040113236 a nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharahui).

Foto de familia en Muros A Esteirana -Jose Sendon Os Miudos-Jose Sendon

Fonte

Comentarios