luns. 13.04.2026
El tiempo

1ª FUTGAL: O Castriz reacciona antes da fraticida recta final

11 do SD Castriz 26
Foto de arquivo dun 11 do SD Castriz en febreiro
1ª FUTGAL: O Castriz reacciona antes da fraticida recta final

Quedan 5 xornadas para o final da 1ª e está todo por decidir. Por arriba, o Muxía parece perder o tren da promoción. ”A resaca da Copa costounos 2 puntos”, recoñeceu o adestrador Pataca, que viu como o Cire aguantaba un empate que deixa aos muxiáns a 6 puntos da 3ª praza.

O protagonista da xornada foi o Castriz, que viña tras 6 xornadas sen gañar, e conseguiu 3 puntazos que lle permiten adiantar ao Camariñas (que fixo un partidazo ante o Club do Mar pero volveu de baleiro e meter ademais ao Boimorto na pelexa pola salvación.
Aí abaixo, o Fisterra, que a semana pasada conseguía unha vitoria que o metía de cheo na pelexa, acodía ao campo do líder con moitas baixas e pensando nos partidos da súa liga.

Os tres costeiros pelexarán co Bastavales (veremos se Cire e Boimorto caen nesa loita tamén) por evitar dous postos de descenso, con apenas 3 puntos entre os 4 equipos. A semana que vén, dous fraticidas Camariñas-Castriz e Fisterra-Cire, anumando ao Muxía que supere ao Bastavales.

Cire Melide - Muxía (1-1)

  • Muxía: Iván Bouzón, Alex, Casrlos Costsa, Mauro, Manu Martínez, Isma, Julián, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina, Iago e Fran Moreira. Tamén: Joel, Anxo, Rober, ManuNogueira, Javi Vilela e Fabián.
  • Goles: 0-1, m.15: Fran Moreira; 1-1, m.37: David Pereiro.

Partido moi trabado, no Municipal Jesús Carlos Pampín, ao que, con todo, os muxiáns saíron forte, chegando con facilidade e abrindo o marcador ao cuarto de hora cun centro que remataba de cabeza Fran Moreira. O de Arou facía o seu 19º gol en Liga, poñéndose de novo de pichichi cun máis que Víctor Vilariño, do Tordoia.

O partido seguía máis ou menos controlado polos de Pataca pero un balón en longo ás costas colle á defensa adiantada e David Pereiro fai un bo gol de volea. Aínda tivo antes do descanso unha clara que Fran falla a portería baleira.

Intentouno o cadro muxián na segunda pero o tempo pasaba con numerosas interrupcións, continuas faltas, perdas de tempo… Tivo 3 boas ocasións os corviños, pero tamén o Cire dispuxo de dúas chegadas con perigo e mesmo un iro o pao dende o medio campo que sorprendeu a Iván, pero que non modificou o marcador.

Arzúa - Fisterra (7-0)

  • Fisterra: Joselu, Lois, Piti, Noé, Rubén, Rui, Maikel Mouzo, Martín, Luís, Guille, Isaac Fábregas. Tamén: Ángel e Pablo Velay.
  • Goles: 1-0, m5: Iván de penalti; 2-0, m.8: Eloy Díaz; 3-0, m.28: Julián López; 4-0, m.30: en propia; 5-0, m.40: Julián López; 6-0, m.77: Dani Gavieiro; 7-0, m.82: Brais Pedreira.

Pouco tivo que facer o Fisterra no campo do líder, cun equipo en cadro con ata 7 baixas, e xa pensando nas finais contra os da súa liga que veñen por diante.

Castriz - Boimorto (4-2)

  • Castriz: Coke, Marcos Mouro, Rodo, Anxo, Alberto Mata, Alemán, Feal, Carlos Rieiro, Luís, Josiño e Juanjo. Tamén: Iker, Fabián, Marcos, e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.43: Juanjo tras pelexar o balón ata o final;1-1, m.46: Manu Casal de gol olímpico; 1-2, m.48: Villaravid tras un saque de banda longo; 2-2, m.57: Juanjo a pase de Josiño; 3-2, m.66: en propia meta tras un córner; 4-2, m.89: Luís nunha contra.

Partido vital para o Castriz na pelexa pola promoción. Os visitantes ameazaban con xogo directo, con xente moi alta e buscando xogadas a balón parado. Pero o equipo local dominou bastante ben e se meteu por diante ao final da primeira metade.

Deron un paso adiante os visitantes tralo paso polos vestiarios e en 3 minutos dáballe a volta ao marcador en sendas xogadas a balón parado, ante un durmido cadro xalleiro. Pero o equipo de Barca non se caeu, e empezou a xogar, e pronto Juanjo facía o empate tras un bo pase de Josiño ás costas da defensa.

Quedaba media hora por diante, e nunha xogada a balón parado colábanse un tanto en propia meta. Apretaron aí os visitantes con balóns arriba, pero os rossoneros aguantaron e nunha contra, Luís certificou a importante vitoria.

Club do Mar - Camariñas (5-3)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Roi (Djibril), Borja, Oliver (Martín), Moriño, David (Brais), Joseba, Javi, Soule e Mario.
  • Goles: 1-0, m.1: Alberto Díaz; 1-1, m.16: Mario a centro de Soule; 2-1, m.31: Tiago; 2-2, m.36: Mario de vaselina tras facerlle un sombreiro a un defensa; 3-2, m.38: Baldo; 3-3, m.45-3: Mario de cabeza pola escuadra; 4-3, m.56: Alberto Díaz; 5-3, m.79: Tiago de penalti.

Gran partido o vivido no Municipal da Laracha con dous equipazos, percutindo e respondendo. Na primeira metade, a cada golpe dos caioneses, aparecía Mario, o mellor sobre o céspede, anotando 3 goles na primeira metade, dous deles auténticos golazos, para manter ao equipo no partido.
A primeira metade era un ida e volta, e ademais dos 6 goles, Moriño tivo un longueiro, Mario tivo algunhas ocasións máis, pero tamén Jorge tivo que facer varias paradas de mérito.

Baixou o ritmo na segunda, aínda que Mario seguía sendo protagonista. Pero eran os locais os que se adiantaban nun córner. O cadro de Cabrejo e Faus intentárono, con Mario e Joseba, e pedindo dúas expulsións por dúas entradas fortes para parar o xogo dos encaixeiros, que o colexiado deixou en amarela. Foi perdendo fol o cadro visitante e acabou encaixando outro gol por un dubidoso penalti, pero a imaxe dos camariñas foi fantástica.

Vizoño - Esteirana (4-0)

  • Esteirana: Víctor Leis, Kevin Rial, Dani Gonz., Aitor, Samu León, Pachi, Uxío, Adrián, Raúl, Antón, Foghete. Tamén: Godo, Anxo, Cristian, Guille.
  • Goles: 1-0, m.5: Unai; 2-0, m.24: Alex Miranda; 3-0, m.41: Manu Louro; 4-0, m.90: Diatta.

Mal partido dunhaentregada Esteirana, que segue afectado pola plaga de baixas, tendo mesm que xogar 40 minutos, Guille, porteiro titular pero lesionado dun dedo. O equipo sufriu moito, non consegue combinar ben, e comete erros de infantís que o penalizan demasiado. Ademais a actitude, tralo segundo gol, decaeu moito.

”Esperamos facer autocrítica e acabar o máis dignamente posible, dando sempre a cara”, pide o mister Adán.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios