Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Rapacollóns celebran un Nadal histórico e solidario

Os Rapacollóns celebran un Nadal histórico e solidario
Partido Historico-Solidario e Cea dos Rapacollons en Fisterra

Ademais da cea de confraternidade que a familia siareira do SD Fisterra celebra o sábado 29, a Rapacollóns Big Band, o grupo de afeccionados máis singular de todo o fútbol galego, prepara un partido entre combinados históricos da SD para este nadal.

Será o propio sábado 29, cando dous conxuntos de grandes mitos do fútbol fisterrán salten, a partir das 17:00h a Ara Solis. Estarán presentes moitos do q xogaron en 3, q xa non están para xogar e moitos máis, con personalidades como Rafa e Angeliño do Cuyú, Isidro, Jose Manuel, O Nejro, Serguei, Fernando Carteiro, Bareta, Borrasca, Pituso…

Todo, no marco dunha cita que terá carácter solidairo coa recollida de alimentos Para Cáritas Fisterra.

Comentarios