mércores. 30.04.2025
El tiempo

Ouro, incenso e 'merda'

Ouro, incenso e 'merda'
Un gran Soneira recupera a primeira praza en Primeira Autonómica, mentres que o Zas e o Ponteceso acaban na cabeza a primeira volta dunha Liga da Costa que arde coa emoción; a mala nova, unha vez máis, chegou desde a Preferente O Soneira superou con autoridade ao Flavia O Soneira superou con autoridade ao Flavia É previsible o reparto de 'xoguetes' e regalos dos Reis Magos do fútbol da Costa. Mentres que se achegan cos seus camellos, e han de tardar con tamañas obras entre Augalada e Baio, seguiu a escribir a súa carta o balompé da zona, agás unha Terceira Autonómica que segue a ir por libre. De ouro foi a semana do Soneira en Primeira Autonómica, cunha traballadísima victoria sobre o Flavia. Tres vimianceses, Alberto, Richi e Basti, acabaron por darlle aos de Manolito o campionato de inverno, grazas tamén á derrota do Cordeiro en Tordoia. No resto da xornada tamén chegoulle un regaliño da ano novo en forma de victoria ao Corme, que co derbi ante o Malpica deixa aos de Chema moi tocados, máis de sensacións que clasificatoriamente. Outes e Baio igualaron nun partido que confirma o doutorado dos de Roque en choques de proximidade. Campionato de inverno para o Zas. Foto: Wash Calvo Campionato de inverno para o Zas. Foto: Wash Calvo Arde cual incenso unha Liga da Costa que chegou ao seu ecuador con tráfico, emoción e un pronóstico compricadísimo no que a á taboa se refire. Era previsible o éxito do Zas co Porteño, para certificar o campionato de inverno, e tamén o era o do Ponteceso cun Buño que estreaba adestrador. A nova máis bonita para os da Villa de Pondal foi o crecemento exponencial dunha xeración Xuvenil que promete seguir os pasos e o guión do actual Soneira. Triunfou o Baíñas en Cee, nun encontro onde o glamour viña dos bancos, e patinou en Carnota un San Lorenzo demasiado acostumado a sorpresa dese pau. E ao seu seguen Mazaricos e Fisterra, que compretan un cuarteto que promete unha orxía de emocións para a segunda volta. A mirra, ou máis ben a 'porca miseria' chegou de novo dunha Preferente tipo 'microondas', que quenta pero non cociña, e onde Xallas e Dumbría transitan xa por postos de descenso. O carbón e demáis variantes repartiranse non o día 6, senón ó final dunha tempada que está a ser das máis notables en canto a emocións.  

Preferente Norte, xornada 19

 

Primeira Autonómica, xornada 17

Segunda Autonómica, xornada 17

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 17

Dumbría 3-0Cerceda

Cadete - División de Honra, xornada 17

Dumbría02/01 - 11:30Bertamiráns
 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios