Pequenos grumetes diplomados en mar
Fantástico, un ano máis, este pioneiro proxecto que mete de cheo o mar nas aulas. O "Mar na Escola", desenvolto por Cataventos Escola de Vela, introduce a asignatura do mar a vela nos programas de estudios de 5 centros escolares da zona, un auténtico xeito de coñecer un medio que nos é tan propio, e ás veces, tan alleo.
Durante a semana pasada os máis de 130 escolares recibiron o seu diploma conforme xa son pequenos grumetes. A semente está botada, agora queda na súa man o seguir vencellado ao mar a través do deporte.
Asi, os cativos do CEIP Ponte do Porto e do Areal de Camariñas, do Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio Lopez de Cee, do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, do CEIP Mar de Fóra de Fisterra e mais do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión xa son diplomados na mar.
O programa está apoiado por Industrias Cerdeimar en Camariñas e por Ferroaltántica en Corcubión, Cee e Dumbría.
Novas relacionadas
- Cataventos xestionará o Porto deportivo de Muxía durante o verán.
- Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- Os pequenos patróns de Camariñas.
- Os alumnos de Cee e Dumbría descobren o Mar a vela.
- 150 alumnos aprenden o mar á vela en Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Camariñas.
- O Carrumeiro bota os Optimist ao mar en Vilagarcía.
- Unha de vela dende o Carrumeiro ata Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría.
- O Mar na Escola 2012: Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O Mar na Escola 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- O Mar na Escola 2009: Estudiando o mar na Escola .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).