Martes. 30.04.2024
El tiempo

Os pequenos patróns de Camariñas

Os pequenos patróns de Camariñas
Os de 6º do CEIP O Areal

Os alumnos de 5ºe 6º de primaria dos centros educativos CEIP O Areal (26 participantes de 5º e 6º) e CEIP Ponte do Porto (outros 26 participantes de 5ºe 6) de Camariñas realizan xa as súas segundas sesións prácticas de vla en augas de Ría. E fano no marco do proxecto O Mar na Escola, artellado pola Escola de Vela Cataventos e patrocinado polo Concello e Cerdeimar sumerxindo o coñecemento do mar no plan de estudios.

Despois do recibir as necesarias instrucións de seguridade e funcionamento da actividade, os alumnos pasaron unhas horas en contacto co mar e as súas circunstancias, neste caso e como consecuencia desta climatología tan extraordinaria na que nos atopamos con 7 meses de chaparrones e tormentas. Pese a todo isto os alumnos non dubidan en botar os barcos ao auga e dispóñense sempre a realizar as actividades e xogos coa mellor das vontades.

Os días de actividades resultaron en grao sumo variado, do mesmo xeito que a meteorología, desde saídas en kayak a pequenas rutas en veleros, tanto acompañados por monitor no barco como en solitario nalgúns casos, dependendo dos coñecementos previos ou a valentía do alumno.

Este proxecto que conta con máis de dez anos de experiencia está promovido e financiado polo Concello de Camariñas e Industrias Cerdeimar, que sempre optaron por este tipo de propostas desde o principio e apostan pola formación das novas xeracións nunha vida Cara ao Mar nun territorio que conta con este recurso como máximo proxecto de Futuro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios