Luns. 09.12.2019
El tiempo

Ponteceso únese á moda do Kickboxing

Ponteceso únese á moda do Kickboxing
Diego mestre de Judo-Cipriano de Kickboxing-Juan Lista de pilates e Juan de Judo en Ponteceso Diego, mestre de Judo, Cipriano de Kickboxing, Juan Lista de pilates e Juan de Judo durante a inauguración das novas instalacións de Ponteceso Este pasado sábado 4 de novembro, tivo lugar a inauguración das novas intalacións da Escola Deportiva de kickboxing de Ponteceso. Unhas instalacións de primeira orde que servirán para que as Escolas Deportivas de Kickboxing poidan seguir medrando, desenvoltas polo Concello de Ponteceso e a colaboración de Fundación Cipri Gomes. Ademais, as escolas municipais de judo, pilates... tamén poderán disfrutar destas novas instalacións. Ao acto acodiron o alcalde pontecesán Lois Carballido, o Concelleiro de Deportes Marco Varela, ademais do presidente da Fundación Cipri Gomes, e varias personalidades do mundo do deporte en xeral e do especifico do kickboxing e disciplinas asociadas. Novas instalacions de kickboxing de Ponteceso Novas instalacións deportivas de Ponteceso

Nova tempada

A cita serviu ademais para facer presentación da nova tempada das escolas, que con esta mellora pega un salto de calidade. Unha Escola aberta á todo o que queira inscribrse, tanto do Concello pontecesán como dos concellos veciños. Así, as escolas realizarán a súa actividade deportiva os luns e miercoles de 19 a 20 h kickboxing infantil (idades comprendidas entre os 6 e 15 anos), e de 20 a 21 horas kickboxing adulto (máis de 15 anos), dirixido os dous grupos para ambos sexos.

A historia da Escola Deportiva de Kickboxing de Ponteceso

Lois Carballido con Cipriano Gomes Lois Carballido con Cipriano Gomes A Fundacion Cipri Gomes en colaboración co Concello de Ponteceso, creou en 2013 unha escola deportiva para a promoción e desenvolvemento do deporte do kickboxing e disciplinas asociadas no termino municipal de Ponteceso. Dende entón son xentes de ambos sexos, de entre 5 a 50 anos, os que practican este deporte dous días á semana. A escola conta como director técnico ao ex campión do mundo de kickboxing Cipri Gomes, que posúe cinto 6º grao e é adestrador nacional pola Federación Española de Kickboxing. Entre outras distincións ostenta a medalla ao mérito deportivo imposta polo seu Magestad o Rei Juan Carlos I no ano 2003 no Palacio Real. Así mesmo colabora como adestrador da escola Ricardo Pereira (Richi), que posúe o cinto negro 1º grao e é Adestrador Rexional pola Federación Deportiva Galega de Kickboxing. Ao longo destes 4 anos a Escola de Kickboxing Ponteceso xa pasaron algo máis de 50 practicantes de kickboxing e mantén unha media de 20 alumnos por sesión de adestramento. Desde a súa creación forma parte da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, a través da cal organizou varias edicións do trofeo de kickboxing Vila do Pondal. Así mesmo e dentro de competicións oficiais, a escola suma un total de 3 ouros, 7 pratas e 7 bronces, destacando os títulos obtidos por Ricardo Pereira 2 veces campión Galego Senior, Gonzalo Suarez Subcampeón Galego Senior, Martín García subcampeón galego infantil, Mar Vila Subcampeona Galega xuvenil, Xela Pérez subcampeona galega xuvenil, Lara Carabel subcampeona galega infantil e Nerea Amado medalla de bronce Campionato Galego Junior. Todo isto reflicte o fiel traballo que a escola está realizando a prol da igualdade de sexos, facendo incidencia no programa especifico de deporte feminino. Comitiva pontecesa

Vindeira cita, o Campionato de España

Entre as proximas citas deportivas ás que acudirá a Escola Deportiva de Ponteceso, será o Campionato de España de Clubs da Federación Española de Kickboxing-Consello Superior de Deportes, que se celebrará en Santiago de Compostela, os días 25 e 26 de novembro, e no que acudirán os acudiran 3 membros da escola, Gonzalo Suarez nas probas de Light Contact, Kicklight e Point Figting, Nerea Amado na proba de Kick light e Light Contact e Martin Garcia na proba de Light Contact e Kick light, todos eles con grandes opcións a entrar no medallero, levando o nome da escola a unha competición de nivel estatal. Lois Carballido e Marco Varela cos mestres de judo Kickboxing de Ponteceso Lois Carballido e Marco Varela cos mestres de judo e Kickboxing de Ponteceso A familia nova do Kickboxing Ponteceso A familia nova do Kickboxing Ponteceso

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios